Pilar Neira: “A Marea ten que recordar que está gobernando grazas ó PSOE e tendo presente que non teñen a maioría”

Copia de El Ideal Gallego-2017-07-21-006-613af1bd
|

Pilar Neira tomará posesión como concelleira a próxima semana para ocupar o posto deixado pola súa amiga Mar Barcón. Cre que o grupo municipal socialista ten que dar imaxe de unidade, mentres que acusa ás Marea de non ter un proxecto de cidade. 

Preparada para asumir o reto de ser concelleira?
Decidín dar o paso no seu momento de ir nas listas e agora toca entrar e estou preparada. 

Chega no posto de Mar Barcón, unha histórica do PSOE. Iso supón unha maior responsabilidade?
Ninguén discute que Mar é un monstruo político, o listón queda altísimo e vaime ser moi complicado, practicamente imposible igualalo, pero teño a seguridade de ter o grupo municipal por detrás que me vai botar unha man e ademais me levo ben con todos.

Fala moito cos compañeiros para consultar dúbidas ou o funcionamento dalgunhas cousas?
Non, tiven tres reunións co grupo municipal e sentinme moi cómoda con eles. Eles mesmos ofrecéronse para o que precise pero nestes intres aínda non tiven necesidade de chamalos.

Que aportará Pilar Neira?
Traballo e compromiso coas siglas que estou representando.

Que funcións vai desempeñar?
Deportes, eu levaba deportes e síntome moi cómoda a verdade. Logo vou levar Emvsa, a Luis Seoane e a EDAR de Bens, as competencias que levaba Mar.

Como ve o cambio do mundo do deporte á política?
Se trata de loitar. No deporte estaba sempre loitando polas desigualdades de xénero e agora loitar pola cidadanía, que é o compromiso que teño agora.

Dentro do grupo hai dúas correntes, unha máis próxima á Marea e outra máis afastada. Con cal se identifica máis?
Eu creo que no grupo temos que remar todos xuntos cara un mesmo lado e deixarnos doutras cousas. Houbo unhas primarias, xa remataron e agora temos que unirnos e remar no mesmo sentido. Eu estaría máis próxima á Marea, pero creo que aquí non ten nada que ver esa ideoloxía.
Como ve ó Goberno local?
Creo que é un goberno que non ten proxecto e é moi compricado gobernar así. En términos deportivos, vexo moi compricado dirixir un partido sen preparar unha táctica e vexo un goberno que non ten ningún tipo de proxecto.

Chega nun momento no que o PSOE está máis en sintonía co Goberno local. Como se afronta iso?
Creo que ó mellor o vexo dende fora, pero o Goberno municipal non ten maioría e se está aí é gracias ó PSOE. Penso que a sintonía o que ten que tela non é o PSOE coa Marea, é a Marea co PSOE xa que está gobernando grazas a eles. Tiñan que recordar que están gobernando porque o PSOE decidiu apostar por eles porque a cidadanía quería un cambio pero eles non teñen a maioría e teñen que telo sempre presente.

Deulle consellos Mar Barcón para este novo paso?
O único que me pediu cando falou conmigo para dicirme que o deixaba foi para dicirme que fora eu, que non me deixara influenciar por ninguén.

No grupo municipal houbo cambios de portavoz, chegou unha xestora e foise unha concelleira. É momento de máis calma?
É certo que é o terceiro portavoz, pero os dous que dimitiron foi por asuntos persoais, non creo que fora por problemas do partido. Tiven tres reunións co grupo e non notei ningún mal ambiente, pero é certo que se discrepa, polo menos na imaxe que se da cara fóra, dentro non o notei.

Fala de discrepancia de cara ó exterior. Debería diminuír?
Creo que si. Representamos unhas siglas e temos que traballar polo ben da cidadanía e todos remando no mesmo sentido. l

Pilar Neira: “A Marea ten que recordar que está gobernando grazas ó PSOE e tendo presente que non teñen a maioría”