O IES de Elviña leva a misiva de que “O galego está en nós” polo barrio e máis alá

O IES de Elviña leva  a misiva de que “O galego está en nós” polo barrio e máis alá
El Ideal Gallego-2016-04-11-021-00fb9cdf

Estarán na parrilla de saída do Correlingua o vindeiro 2 de maio coa condición de gañadores do concurso de vídeo. Non é a primeira vez que convencen ao xurado. Os alumnos do IES de Elviña conseguiron o primeiro premio en 2014 e voltaron a subir ao podio hai dúas semanas. Parte foi polo traballo de Carlos que máis ca un bedel, é un traballador que non escatima en esforzos. 
El foi o que maquinou os planos dunha montaxe que partiu da premisa “O galego está en nós” para introducir poesía exprés en caixas que semellan ser de pizzas e conteñen versos fermosos de Manuel María, preparados para mastigalos diante da cámara. E aínda que a peza foi asinada polos estudantes de 3º da ESO, nela están todos. Desde o equipo de normalización do instituto contan que quixeron facer partícipes aos distintos niveis. Saíron á rúa para meter Elviña en escena e cruzaron co lema en letras de cartón por Alfonso Molina nunha semana maratoniana. Así a recorda Daniela, que califica a experiencia de divertida e na que “recitamos fragmentos”. 
A súa amiga Nerea conta que o argumento xurdiu sobre a marcha e coincidiu coa chegada ao centro de diverso material da Xunta. Así é como bailaron ideas en torno a esas caixas baleiras, que se converteron en repartidoras de poemas e nunha pancarta que pasearán o 2 polas rúas da Coruña. Deste xeito, o mesmo que inmortaliza datas sinaladas como o Entroido ou o Día do Deporte, “filmounos para ir atando fíos”. Roubándolle tempo aos recreos, o grupo deu escrito o “the end” en tempo récord e a maneira de presentar a obra do chairego gustou pola súa orixinalidade e a combinación de planos que percorreron o instituto de aula en aula para aliñar as imaxes coas mellores pezas de quen estaba atado á terra. 
Manuel María está e estará presente no Correlingua e tamén o estivo a semana pasada cando os autores da creación disfrutaron de dous días de convivencia no albergue Alvarella, nas fragas do Eume. Alí, respiraron poesía a través da natureza nun ruta de sendeirismo que compartiron cos vencedores do manifesto, do IES de Ribadeo. Visitaron o centro etnográfico da Capela e practicaron tiro con arco. Daniela afirma que pagou a pena porque aínda que “camiñamos moitísimo”, os rapaces de entre 15 e 17 anos coñeceron país de dúas formas, lendo a Manuel María e saíndo coa mochila fóra da cidade. Porque se trata diso, de traspasar o encerado coa mensaxe de que “o galego está en nós”, o equipo normalizador quixo estendela polo barrio e máis alá.

O IES de Elviña leva a misiva de que “O galego está en nós” polo barrio e máis alá

Te puede interesar