A Xunta subvenciona con 190.000 euros a mellora de catro infraestuturas da área

A Xunta subvenciona con 190.000 euros a mellora de catro infraestuturas da área
A do parque de Pablo Iglesias de Betanzos foi a actuación da Orde de Infraestruturas de Uso Público máis destacada na área coruñesa | aec

A Xunta, a través da Consellería de Vicepresidencia, subvencionou este ano catro proxectos de creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais en diferentes concellos da área metropolitana herculina. Betanzos, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Vilarmaior son os concellos que recibiron as axudas para os seus proxectos.
Cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, o total das axudas para Galicia é de máis de tres millóns e medio de euros, dos que 190.510 corresponderon ás iniciativas da comarca de Betanzos.
Os proxectos da Orde de Infraestruturas de Uso Público –tales como instalación ou mellora das redes de luz pública; pavimentación de vías municipais; construción ou rehabilitación de prazas, paseos, rúas e parques, así como de edificios ou dependencias municipais de servizos básicos; e construción ou ampliación de instalacións deportivas– suponen actuacións que benefician directamente aos veciños.

Betanzos
Na comarca de Betanzos, a acción máis destacada foi a reparación e reposición dos camiños do parque de Pablo Iglesias, a segunda área verde máis grande do municipio. O Goberno autonómico destinou preto de 28.000 euros a estes traballos, que se anunciaron a finais do mes de xullo e xa remataron.
O obxectivo destas obras era evitar as inundacións no parque a través do acondicionamento do espazo entre o paseo de Ramón Beade, a avenida da Coruña e a calle de Argentina, e –na medida do posible– sortear os alagamentos que se rexistran durante o inverno e que impiden que os veciños poidan utilizar esta área verde, próxima aos centros escolares, ao porto e a estación de ferrocarril de Betanzos-Cidade. Dadas as características do parque, con vías máis baixas en relación ao nivel que a carretera que o circunda, a alternativa elixida polos técnicos foi a instalación dun novo firme cunha capa de solo-cemento de oito centímetros de grosor que se construiu despois de levantar todos os actuais. Con esta actuación ademáis de realizar drenaxes, colocar sumidoiros e reparar os bordillos rotos ou que non existían en varios tramos, evítase que a auga de pluviais procedente das zonas axardinadas chegue aos sendeiros de paso.

No resto da comarca brigantina leváronse a cabo outros tres proxectos que recibiron axudas dentro do capítulo de Infraestuturas de Uso Público, todos eles relativos á mellora da iluminación pública. Foi o caso de Coirós, onde a mellora da rede tivo lugar en varios puntos como Castrillón gracias á aportación autonómica de 40.000 euros. O Concello de Oza-Cesuras recibiu axudas por 50.000 euros para renovar a iluminación pública nos lugares da Braña, A Chá, O Vieiro, O Couso, Mondoi, Parada e Porzomillos e nas parroquias de Bragade, Carres, Mandaio, Mondoi, Parada e Porzomillos. Vilarmaior recibiu 40.000 euros para, entre outros, o aglomerado de parte del vial de Vilamateo. Finalmente, Paderne acometeu a rexeneración da iluminación pública nos lugares de Gas e Porto tras obter unha subvención de 32.953 euros.
A contía da convocatoria de subvencións destinadas á mellora de infraestruturas e equipamentos dos concellos incrementouse en dúas ocasións ao longo do ano. Deste xeito, en xuño destináronse un total de 3.542.992 euros, e dous meses despois, o incremento da dotación foi de 65.831 euros, quedando establecida en 3.608.823 euros a contía máxima das axudas.

A Xunta subvenciona con 190.000 euros a mellora de catro infraestuturas da área

Te puede interesar