Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

“Agora temos unha Cámara caduca e con olor a naftalina que EU pode encher de osíxeno”

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

Yolanda Díaz Pérez está preparada para ocupar unha cadeira no novo Parlamento galego que saia tralas eleccións autonómicas. A secretaria xeral de Esquerda Unida, que xa foi a candidata do partido nos anteriores comicios e agora concorre da man de Os Verdes, cre que este é o momento para a esquerda.

Xa foi candidata nas anteriores eleccións, que ten mudado nestes anos no panorama político?

Politicamente, hai unha demanda de que a esquerda anticapitalista teña voz no Parlamento galego. A cidadanía vota en falla unha voz crítica, alternativa e que realmente defenda os intereses da cidadanía e non dos grandes grupos empresariais, que sexa unha voz claramente dos traballadores. Nas eleccións xerais, o voto que houbo a Esquerda Unida foi chamativo porque a cidadanía quere que se cuestione o que está pasando. A xente se está revelando e o víamos o xoves nas manifestacións. Sae á rúa porque sabe que hai unha alternativa e hai que traducila na política, e esa opción para os traballadores é Esquerda Unida. Non somos un proxecto transversal, non defendemos ós de arriba e ós de abaixo senón claramente a estes últimos.

Os cambios tamén se perciben dentro da súa formación?

Na organización política á que represento o que hai é un proceso de consolidación. Somos unha agrupación pequena e humilde en Galicia, pero nos vamos consolidando e espallando por toda Galicia e camiñando en todos os sentidos, sobre todo organizativamente.

É este pois o momento da esquerda na Xunta?

A historia de Galicia é diferente ó resto dos pobos. EU tivo representación parlamentaria nas primeiras eleccións democráticas e despóis foi Esquerda Unida de Galicia a que tivo un parlamentario co PSdeG-PSOE. Non temos moita historia nesta Cámara, pero neste intre hai a madurez suficiente no pobo galego para que se opte por unha organización netamente de esquerdas. Non enganamos a ninguén, non vamos defender ós grupos empresariais. Só queremos dar unha alternativa político social económica para este país.

Está pois preparada para ser a primeira deputada de Esquerda Unida? Deixaría o posto de concelleira?

Eu cumpliría rigorosamente cos estatutos que din que son incopatibles, por suposto. Creo que calquera persoa con rigor e formalidade está preparada para sentar nunha cadeira do Parlamento de Galicia.

O que hai agora é un xeito de facer política que non compartimos. A política non debe ser profesional e o que temos é que encher as cadeiras de xente vencellada ó pobo, normais. Fernando Miramontes era fontaneiro e foi un magnífico político nesta cidade. Non se trata de facer elites nin castas políticas. Temos unha elite de catedráticos de Economía, o señor Montoro, De Guindos... que está a levar ó país á ruina.

Nestes intres, as eleccións serán un si ou un non ás medidas de Rajoy?

Presentámonos ás eleccións galegas pero o primeiro que temos que facer é cuestionar a saída que se lle está dando á crise dende o PP. Defendemos alternativas e outras solucións. Feijóo é un avantaxado nas medidas, porque foi o primeiro en introducir as políticas en Galicia do déficit que explican no día de hoxe por qué tan rapidamente Galicia está tan perto, formalmente, das 300.000 persoas en situación de desemprego. Foi a comunidade autonómica que exponencialmente mais incrementou as cifras de desemprego. Feijóo foi pionero nas políticas reaccionarias e que conducen á fame ó pobo galego.

Que alternativas plantexaría Esquerda Unida?

Hai alternativas en termos fiscais e en termos sociais. Para nós, ademais dunha reforma que ten que vir da man dos ingresos e de unha aposta firme polos servizos públicos esenciais. É impresentable que lonxe de defender a sanidade pública de calidade, se depaupere e empobreza o Sergas. Pasa o mesmo en Xustiza, coa aplicación do plan de demarcación xudicial. En Galicia se está a desmantelar o escaso estado de benestar para poñelo en mans privadas. Estaremos como no século XIX, as clases populares non poderán acceder ós servizos e haberá que voltar a traballar só para comer.

Cal é entón o obxectivo de EU para estas eleccións?

A alternativa está en EU. Con só unha cadeira dun representante as cousas terían cambiado, os debates da xente entrarían no Parlamento galego. Agora é pechado, unha Cámara caduca e con olor a naftalina. Hai que introducir a democracia participativa, encher de osíxeno esa Cámara.

Mentres no Parlamento galego pode abrirse ó abano, o Goberno obriga ós Concellos a reducir ós representantes cidadáns? Desaparecerán así forzas políticas?

O PP non fai nada casualmente, é profundamente inxusta estas propostas porque atacan directamente ás administracións locais. Dende hai anos hai unha coincidencia de que as administracións máis útiles están sendo os concellos, sobre todo en Galicia. O problema dos concellos é que están indebidamente financiados –13%– e o que fai o PP é criminalizar ás administracións que están sendo as que soportan o peso dos cidadáns. Si hai unha administración caduca é a Deputación e o que se fai é darlle máis competencias.

Está claro que calquera redución de escanos ten efectos perversos para as organizacións minoritarias.

Que queda por facer nestes momentos?

Quero mandar unha mensaxe de esperanza, como decía Walter Benjamin, para construír alternativa. Son tempos duros e a xente o está a pasar moi mal, pero hai que tomar conciencia e dunha vez por todas que a cidadanía lúcida e crítica apoie ós proxectos políticos que defenden ós de abaixo e nesta ocasión é Esquerda Unida.

0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina