A Festa do Libro clausúrase con danza, fotografía e un recital poético-musical

|

El Ideal Gallego-2011-05-17-015-f984b743redacción > a coruña
  Remata a Festa do Libro nunha xornada festiva na que haberá danza, fotografía e poesía ao aire libre. Todos os que merquen un libro en calquera dos dez postos, poderán participar na actividade “Se queres un retrato, faicho Xurxo Souto”. Deste xeito, o profesional inmortalizará a cada un dos que adquiran cultura en páxinas e facilitaralles a forma de descargar as instantáneas en boa resolución.
Ademais, Nova Galega de Danza presentará, ás sete da tarde, o espectáculo “Tradición”, no que fusionan a tradición do baile e a música galega coa máis pura vangarda e que xa a teñen levado a distintos puntos do estado e a Expo de Shangai. Por outra parte, as escritoras Lucía Aldao e María Lado ofrecerán, ás oito e media da tarde, o recital poético-musical “Moita poesía, pouca diversión”, onde os versos desenfadados rimarán con performance e canción para animar a aqueles que miran o xénero de reollo.

A Festa do Libro clausúrase con danza, fotografía e un recital poético-musical