Mamá Cabra ofrece un show o domingo para divulgar o seu “amor pola música e o galego”

O grupo de música infantil Mamá Cabrá volta a actuar para os máis cativos o próximo domingo ás 18.00 horas no teatro Colón.


Mamá Cabra ofrecerá no seu espectáculo as cancións recollidas no seu disco recopilatorio “Deveribés”, no que lograron xuntar os éxitos que máis demanda o público que acude aos espectáculos que ofrecen.


O grupo pretende, tal e como explica Gloria Mosquera, a voz da banda, “divulgar aos máis cativos o noso amor non solo pola música, senon tamén pola poesía e pola utilización do noso idioma, o galego, para cantar”.


Sobre o espectáculo que presentarán o domingo no Colón, Mosquera explica que será un show no que terá bastante presencia a “participación dos asistentes” e que contará cunha “gran importancia dos ritmos”.


Os seus anteriores espectáculos, como o máis inmediato que fixeron, eran máis teatrais, “máis centrados na interpretación e con guións”, explica Mosquera.

Sobre o grupo 
Mamá cabra naceu no ano 2000. “Xurdiu do colexio no que traballamos, buscabamos musicar poemas de escritores recoñecidos”, di Mosquera, e tralo éxito desas primeiras composicións formaron o grupo.


O nome, Mamá Cabrá, parte da idea de que “todas as nais teñen que ser un pouco cabras para seguir tirando cara adiante”, explica Mosquera.


Nos case 20 anos de traxectoria que cargan nas súas costas, esta formación musical publicou xa once traballos discográficos. Todos estes discos contan “con temáticas moi diferentes, pero teñen en común que todos buscan contar algo concreto”, afirma Mosquera, polo que todos os discos buscan transmitir unha mensaxe concreta.
Algo que caracteriza tamén os seus traballos é que “algúns contan con cancións populares”.

Sobre cal é o disco que mellor acollida tivo durante a súa traxectoria, di Mosquera, que cre que foi “Ola Ola”, un traballo discográfico que publicaron hai uns cinco anos. “Solemos facer libros discos”, remata Mosquera.


O grupo está conformado por cinco membros, “ unha voz, un piano ou acordeón, unha batería, un baixo e un saxofón”, explica Mosquera.


As súas actuacións permítelles percorrer a xeografía galega, por exemplo hoxe actúan en Arteixo e , trala actuación do domingo na Coruña, o luns actuarán ante o alumnado dun colexio. Sobre unha expansión pola xeografía española, “por agora non fixemos actuacións por España, pero sí que fixemos algunhas nalgunha localidade de Portugal”, comenta Gloria Mosquera.

Mamá Cabra ofrece un show o domingo para divulgar o seu “amor pola música e o galego”

Te puede interesar