O programa de financiamento Galicia 1000 mobilizará 200 millóns en apoios a empresas

O programa de financiamento Galicia 1000 mobilizará 200 millóns en apoios a empresas
19 septiembre 2012 página 09 A Coruña.- La Xunta de Galicia informó a los empresrios coruñeses de las líneas de financiación que pueden solicitar al Instituto Galego de Promoción Económica

Co obxectivo de dar resposta ás distintas necesidades que poida ter a empresa en función da súa situación, colaborando así co tecido empresarial galego na consolidación da recuperación económica, a Xunta vén de activar o programa de financiamento Galicia 1000, un paquete integral que financiará 1.000 novos proxectos empresariais mobilizando 200 millóns de euros.
Así, mediante esta actuación a Consellería de Economía e Industria, a través de Igape e Xesgalicia, pon á disposición das pemes e dos novos emprendedores 50 millóns de euros coa finalidade de impulsar a rexeneración do tecido produtivo, a recapitalización das empresas, e de potenciar a execución de novos investimentos encamiñados á creación de riqueza e emprego. Deste xeito, a Xunta coopera no financiamento de proxectos que favorecen o emprendemento e a innovación apoiando a mellora da competitividade empresarial.

Obxectivos
Neste contexto, o programa Galicia 1000 configúrase como un plan realista que busca axudar as empresas nas súas necesidades de financiamento e facilitar o acceso ao crédito ofrecendo catro liñas de actuación.
A primeira delas suma máis de 32 millóns de euros en iniciativas centradas en fondos de capital risco e préstamos participativos. Apóianse aquí tanto proxectos empresariais promovidos por emprendedores como a creación de novas empresas, o impulso de sectores estratéxicos e o apoio a empresas tractoras, ademais de colaborar con aquelas que, sendo economicamente viables, atravesan algunha dificultade financeira temporal. A natureza deste grupo de actuacións permitirá, tamén, atraer a Galicia investimentos estranxeiros ao tempo que se fortalece o potencial exportador das nosas empresas.
En segundo lugar, e dirixido sobre todo a financiar as operacións das pequenas e medianas empresas, póñense en marcha os préstamos Jeremie, cunha dotación inicial de oito millóns de euros. Este pioneiro instrumento financeiro en Galicia permite, a través de fondos europeos, dar resposta ás necesidades das pemes para afrontar investimentos que impulsen a súa competitividade. Deste xeito, segue a avanzarse na eficiente utilización dos fondos europeos cun retorno continuo para o tecido empresarial.
O terceiro grupo incorpora outra novidosa liña de financiamento para as pemes, as bonificacións de tipos de xuro dos préstamos e microcréditos outorgados polas entidades financeiras a través do ICO. Esta actuación suma máis de dous millóns de euros co obxectivo de favorecer o emprendemento en condicións máis vantaxosas e achegar liquidez para o desenvolvemento da actividade empresarial.
As liñas de financiamento bancario bonificado inclúen a concesión de mircrocréditos de ata 25.000 euros, por unha banda, e de préstamos comprendidos entre 25.000 e un millón de euros, por outra.
En ambos casos, a bonificación dos xuros é de dous puntos con carácter xeral, pero pode chegar ao catro por cento no caso dos microcréditos ou os préstamos para impulsar investimentos promovidos por emprendedores en zonas con especiais plans territoriais –Lugo, Ourense, Ferrol e Costa da Morte– e que conten con aval dunha sociedade de garantía recíproca, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito polo Igape e as entidades financeiras.
O obxectivo destas liñas de financiamento é favorecer o emprendemento e os investimentos das pemes en condicións máis favorables e achegar liquidez para o desenvolvemento da actividade empresarial, dado que se financian os investimentos e o circulante asociado aos mesmos proxectos.
Os avais son a cuarta ferramenta de financiamento que desde a Consellería de Economía e Industria se está a pór á disposición do tecido empresarial da Comunidade. Neste sentido, a Xunta achega 7,5 millóns para avalar operacións de acceso ao circulante, tanto para reforzar proxectos xa existentes como para impulsar a creación de novas empresas.
A través deste paquete integral de financiamento, a Xunta colabora co empresariado galego nas diferentes situacións financeiras que poida atravesar, co obxectivo de que ningún proxecto viable quede sen levarse a cabo por falta de apoio.
Ademais, e coa finalidade de seguir avanzando no reequilibrio territorial da comunidade, cómpre salientar que Galicia 1000 prestará unha especial atención ás zonas amparadas por plans Impulsa –as provincias de Lugo e de Ourense, as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, así como a Costa da Morte–, achegando préstamos con bonificacións especiais.

O programa de financiamento Galicia 1000 mobilizará 200 millóns en apoios a empresas

Te puede interesar