Benito Portela | “Antes de aventurar unha posible coalición teño que coñecer a disposición das outras forzas progresistas”

12 junio 2016 p..gina 17.Sada.- Fotograf..a del alcalde de Sada, ..scar Benito Portela Fern..ndez
|

Un dos dous “alcaldes do cambio” que consolida a súa posición é Benito Portela. Sadamaioría sumou dúas actas ás obtidas en 2015. O mesmo número de edís que resta o PP. Pero deberá chegar a acordos para asegurar a estabilidade do Goberno de Sada. 

Como valora os resultados obtidos o 26-M por Sadamaioría?

Coido que a cidadanía valorou tanto a xestión desenvolvida neste mandato como os proxectos que levamos para o que vai comezar, e por iso deunos esa maioría reforzada e suficiente que pediamos en campaña para continuar no Goberno de Sada.
 
Contan con seis concelleiros, dous máis que hai catro anos, pero non acadan a maioría absoluta (9)... Está disposto a pactar como en 2015 ou prefire acordos puntuais para aquelas cuestións máis importantes para Sada? 

Sadamaioría, como candidatura máis votada, acaba de convocar ás forzas progresistas para, a partir da semana que ven, entablar conversacións para tentar conformar un Goberno en Sada.
Quere que os outros tres partidos de esquerdas ou, cando menos, os dous que necesitarían para acadar esa maioría absoluta de nove, formen goberno con Sadamaioría...
Imos falar con todas as forzas, tanto co PSOE como co BNG e con Alternativa dos Veciños... 

Con algunha prioridade inicial por parte de Sadamaioría? 

Non. Sadamaioría acadou unha maioría reforzada pero non absoluta e temos que ver tamén cales son os puntos de vista dos demáis grupos e coñecer cal é a súa disposición a participar dentro do Goberno de Sada. 

Non houbo ningún contacto, nin sequera informal, co PSOE, co BNG e Alternativa dos Veciños? 

Acaban de ser convocados os tres de xeito formal para iniciar conversas na vindeira semana... 

O que é incontestable é que os sadenses apostaron por un novo equilibrio de forzas na corporación, con cinco edís na dereita, os que obtén o Partido Popular, e doce na esquerda, os que suman SM, PSOE, BNG e AV... A que cree que se debe este cambio en Sada?

Non cabe dubida de que a vontade da cidadanía sadense, que así o decidiu libre e democráticamente o pasado domingo, é contar cun goberno progresista e, aparentemente, non existe alternativa a un goberno progresista porque así o dedidieron os cidadáns o 26-M. 

Calquera posibilidade de acordo pasará polas coincidencias programáticas ou se terán en conta outras cuestións?

É evidente que temos que elaborar un programa de goberno conxunto coas achegas de uns e outros, pero antes haberá que negociar a investidura... Pero insisto, antes de aventurarme sobre unha coalición teño que coñecer o posicionamento dos demáis grupos....

Como valora o resultado da dereita en Sada? Só obtivo representanción o Partido Popular...

Como dixen antes, os cidadáns valoraron nas urnas o xeito de traballar de uns e de outros... 

Estáse a apuntar á posibilidade de que Anido presente a súa demisión polos resultados do PP... No seu caso, renunciaría vostede?   

Eu non son quen para valorar os resultados dos demáis nin as súas decisións, pero e que eu, tendo en conta o contido da sentencia do caso da coordinadora, non me tería presentado a estes comicios, aínda que xudicialmente fose absolutoria...

Nas negociacións que se poidan abrir  só se vai a abundar na situación do municipio ou poden influir as conversas entre forzas similares noutros concellos , incluso noutras administracións?

Sadamaioría é un partido totalmente independiente ao que os únicos intereses que lle preocupan son os intereses da cidadanía de Sada. Por iso non vamos a ter en conta ningunha outra negociación que se poida ter aberta ou se poida abrir.

Benito Portela | “Antes de aventurar unha posible coalición teño que coñecer a disposición das outras forzas progresistas”