Vázquez ve posible que sexa “o partido da salvación”

Vázquez ve posible que sexa “o partido da salvación”
fernando vã¡zquez ten fe en volver de mã¡laga co obxectivo alcanzado susy suã¡rez

Se a quiniela de Fernando Vázquez ten éxito, o Deportivo regresará o luns de Málaga coa permanencia selada. Para conseguilo, ten que gañar en La Rosaleda e que o Zaragoza non puntúe no campo do Betis. A combinación sábea todo o deportivismo a estas alturas de semana. O míster branquiazul, confía na posibilidade de que as matemáticas cadren e as contas saian mañá sen necesidade de esperar a unha xornada final de infarto.
“Podería ser o partido definitivo da salvación, podería darse esa circunstancia. Temos que gañar e imos intentalo”, comentou o preparador deportivista, que desprazará a todos os xogadores a Málaga para facer grupo e por se soa a gaita.
“Por se se dá esa circunstancia imos todos, todo o equipo. Coa confianza de gañar en Málaga e que algún resultado nos favoreza e poder xogar o último partido con tranquilidade”, sinalou Vázquez, que insistiu nas posibilidade factible de que o Deportivo cumpra o obxectivo de quedarse en Primeira sen necesidade de xogarse a vida ante a Real Sociedade o próximo fin de semana no estadio de Riazor.
“É posible. Se lle preguntas ao Zaragoza, dirá que é posible que perdamos en Málaga e eles gañen. Que perda o Zaragoza ante o Betis non é improbable. Que gañemos nós en Málaga parecería pouco probable. Pero calquera resultado agora é posible”, razoou o preparador do conxunto herculino.
O Deportivo saíu dos postos de descenso o pasado fin de semana co triunfo ante o Espanyol e a derrota do Zaragoza na casa ante o Athletic de Bilbao. A meta vese máis preto en A Coruña. ¿Hai ansiedade?
Na casa cústanos máis que fóra, o equipo se está a mostrar máis ansioso. Fóra, o equipo está máis tranquilo, polo menos en canto a posesión e cometer menos erros. Se esa é a liña, creo que estaremos ben en Málaga”, declarou.
O equipo coruñés é o convidado á festa de despedida de Pellegrini, que non volverá sentarse no banco local de La Rosaleda, xa que, a próxima tempada, o técnico chileno dirixirá ao Manchester City.
“A traxectoria de Pellegrini en Primeira está acabada, saldada. É unha arma de dobre fío. É a despedida de Pellegrini e posiblemente a todos lles gustaría despedilo cunha vitoria”, apuntou Fernando Vázquez.
Pero postos a buscar motivacións, o Deportivo ten moitas máis que o cadro andaluz.
“Doado non vai ser, pero non van ter a fame que temos nós. As ganas e a necesidade de buscar posibilidades de gañar son nosas e esa é a nosa forza neste partido. A condición, o instinto, é o que che fai ir, pelexar. A diferenza que pode haber entre o Málaga e nós é que nós podemos buscar enerxía dentro da necesidade e o Málaga, non. Nós temos unha idea á que agarrarnos para crear unha emoción forte. Temos fame, pero tamén temos que poñer máis cousas: intelixencia e estratexia para derrotar ao Málaga, que non vai ser doado” argumentou. O técnico sabe como buscarlle as cóxegas ao Málaga, pero os camiños para encontrarllas son distintos. ¿Á contra ou con posesión? “Pode ser branco ou negro. O Málaga é tecnicamente moi dotado, quizais sería mellor un equipo máis físico para buscar a contra, pero nesta situación, nestes momentos, pola necesidade de gañar é posible que lle saquemos a pelota ao Málaga e eles se senten incómodos así”, razoou.
O Depor tamén está preparado para arriscar en caso de necesidade e para amarrar se sopra vento de cara. “Eu preparo sistemas de risco e de peche. Estamos preparados”, asegurou. n

Vázquez ve posible que sexa “o partido da salvación”

Te puede interesar