“Todo o mundo sinte que os nosos votos son seus; teñen un valor simbólico”

El Ideal Gallego-2015-05-31-008-a4a5c65a_1
|

O cuartel xeral de Marea Atlántica, situado en Marqués de Pontejos, a escasos minutos de María Pita, parece moi baleiro despois da animación que viviu durante  semanas. O futuro alcalde, Xulio Ferreiro, séntase no sofá branco no medio da sala, visiblemente esgotado después dunha longa campaña, unha noite de celebración e de varios días de frenética actividade nos que es está a constituir o futuro gobierno municipal. De vez en cando frégase os ollos. “Estou un pelín canso”, confesa este profesor de Dereito de poco máis de corenta anos.

Felicidades.
Gracias.
 
Gañou os mesmos concelleiros que o PP. Gustanlle os finais de “foto finish”?
É case mellor así. Todo o mundo quere ganar por os mais votos posibles, pero tivo un valor simbólico moi bonito.

Sí?
Así todo o mundo sinte que esos votos son os seus. Cando críamos que gañáramos en número de votos, a xente achegábase a decirnos: “É gracias a min e a miña familia que gañaches” .

E cómo o ve vostede?
Nós sempre dixemos que cada voto contaba, e que cada voto era importantísimo. Na Marea temos o espíritu de que cada persoa é importante.

Pero sería máis cómodo ter maioría, ainda que non fora absoluta.
Sí, pero sempre dixemos que queríamos que os demais grupos participen no goberno e das políticas que se adopten.

E se non os precisan?
Nós, cando decimos que queremos un goberno para todos, realmente o decimos en serio.

Cree que será posible?
Haberá que falar, que dialogar. Pero moitas das ideas da Marea, como a transparencia, a ética, impregnaron os programas
doutros grupos.

Sobre o da participación, unha das iniciativas de Marea é crear un onsello social. Como será?
Iso está previsto na lei de grandes cidades. Será un foro de actores sociais, sindicais e empresariais. O que hai que facer é un reglamento orgánico.

Pero outra das súas ideas, e a limpeza da ría do Burgo. Cómo se pode levar a cabo algo así un goberno local?
Parte da responsabilidade é local, na medida en que hai puntos da rede municipal que verten directamente á ría do Burgo. Dirixiremos o diñeiro de Emalcsa a iso.

Falando do medio ambiente. Que opina do problema da planta de reciclaxe de Nostián?
Primeiro haberá que saber como está a situación porque non o sabemos: os últimos datos son de 2011. É un exemplo de opacidade municipal. Haberá que facer unha auditoría e saber se hai un incumplemento do contrato.

Iso entra do que se chama a “herdanza recibida”. Qué espera atopar o  chegar a María Pita?
Teremos que mirar. Eu espero non atopar sorpresas. En todo caso, o que se atope, se saberá. Faremos un exercicio de transparencia.

Pero ten medo de que comprometa o seu programa?
Vai ser complicada en canto a débeda e iso nos preocupa. Por exemplo, no caso do túnel de Marina pediuse un crédito e haberá que pagalo. E se comprometeu gasto case en campaña.
Pero noutros casos xa anunciaro que paralizarían obras. Por exemplo, no Ofimático.
Sí, temos o compromiso de que desafectaríamos o marxe dereito da avenida de Lavedra. Xa se modificou o planeamento e entendemos que se pode facer outra vez.

E polo pequeño comercio? Qué se pode facer?
En primero lugar, deixar de apostar polas grandes superficies. Por iso estamos en contra dos plans da Autoridade Portuaria, porque neles están previstas novas zonas comerciais. E logo establecer redes de afinidade, que uns sectores sirvan para tirar dos outros.

A Autoridade Portuaria tería que atopar outra manera de financiar o Porto Exterior?
E que hai un convenio entre a Autoridad Portuaria e o Concello que non se está cumplindo. E non me parece que financiar o Porto Exterior vendendo pisos na fachada da cidade sexa o un bo uso dun ben común como é o solo.

Como debería financiarse?
Non o sei pero, a estas alturas da película, non creo que esta sexa unha financiación creíble para unha obra que comezou con 429 millóns de euros e leva gastados más de mil.

Vese inaugurando o outro ramal do túnel de Mariña?
O túnel da Mariña se abrirá, pero o alcalde non ten que ir alí para sacarse unha foto. Hai inercias que hai que cambiar, e as cuestións simbólicas tamén son importantes.
Como a Memoria Histórica.
É simbólico, é importante e é cumprir a lei. Que a estas alturas da película se discuta sobre cumprila... Por exemplo, temos unha rúa que se chama “División azul”, e a división azul era parte do exército nazi.

E como se fará?
Haberá que buscar a fórmula para que moleste os veciños o mínimo posible. Teremos unha etapa de transición.

E cales serán os novos nomes?
Non sei. Non os vou poñer eu, ainda que son partidario de recuperar a toponimia tradicional. Pero haberá que facelo con sentidiño. Se poñemos nomes propios, terán que ter moito consenso.

“Avenida de Bebeto”?
(Rí) Non o sei, non sei si Bebeto precisa unha rúa. Por agora, a nosa prioridade e gobernar a cidade e poñer en práctica o noso programa: priorizar o gasto para as personas. E iso é o que faremos

“Todo o mundo sinte que os nosos votos son seus; teñen un valor simbólico”