O Concello manterá aberto ata o día 30 de novembro o prazo de inscrición

O Concello manterá aberto ata o día  30 de novembro o prazo de inscrición
Copia de Deporte Campeón-2016-11-17-001-6e8c37ee

A segunda proba do V Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre celebrarase o 4 de decembro nos Rosales. A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, que dirixe José Manuel Sande, lembra que o prazo de inscrición para participar nesta cita deportiva estará aberto ata o mércores 30 de novembro, ás 23.59 horas, a través da web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares. 
A carreira, que comezará ás 10.30 horas no caso da categoría absoluta, terá situada a meta e a saída na rúa Manuel Azaña. Durante 6.465 metros, os atletas populares percorrerán un trazado arredor do barrio, achegándose a ronda de Outeiro, avenida Fernando Suárez, O Portiño, e a estrada dos Fortes para, unha vez chegados á rúa Alfonso Rodríguez Castelao, encarar os últimos metros de Manuel Azaña. 
O peche de control será ás 11.30 horas e, unha vez realizado este, comezarán as probas das categorías inferiores.
Todas as persoas que desexen participar, tanto as que xa estén apuntadas no circuíto, como as que non, deberán inscribirse tanto a través da web municipal, como de forma presencial na oficina de Viaxes El Corte Inglés, en avenida de Rubine, nº 3-5, de 09.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas. 
Para as persoas que non formen parte de Coruña Corre, a súa cota de inscrición será 2 euros –agás para as e os menores de idade, que é gratuíta–, mentres que, para as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove, será de tan só 1 euro.
Os dorsais para a V Carreira Popular Os Rosales poderán recollerse no propio polideportivo do barrio o sábado 3 de decembro, de 11.00 a 13.30 horas, e de 17.00 a 20.30 horas, así como o domingo 4 ata unha hora antes do inicio de cada carreira. 
No recinto municipal estará situado o servizo de duchas e gardarroupa o día da proba, cuxa entrega de premios será ás 13.15 horas.

circuíto coruña corre
Por outra banda, a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento do Concello de A Coruña lembra que continúa aberto o prazo de inscrición para o Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre e que, para poder puntuar neste, será necesario participar en a lo menos cinco das das sete probas da serie, polo que as persoas interesadas en formar parte desta edición poderán anotarse ata o mesmo día de peche de inscrición da terceira carreira do calendario desta tempada, a Carreira Popular de Matogrande, que terá lugar no primeiro mes do vindeiro ano.
Os prezos deste ano son os mesmos respecto á exitosa edición da tempada pasada, sendo 10 euros para o público xeral de máis de 18 anos, gratuíto para menores de idade, e de 7 euros para o colectivo con bonificación (persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarios do Carné Xove).
Para puntuar no sistema de cronometraxe e figurar nas clasificacións do circuíto, será obrigatorio o uso do chip. Os corredores que non dispoñan do mesmo poderán adquirilo por 12 euros ao inicio da serie e, ao devolvelo ao remate da mesma, recibirán a metade da cantidade desembolsada.
 
chip 'uniproba'
Este ano, como principal novidade, poderá adquirirse un chip de uso exclusivo para cada unha das sete probas por un prezo de 2 euros, agás para as persoas enamarcadas no colectivo con bonificación, que deberán aboar 1 euro por chip e carreira do Coruña Corre.
Toda a información sobre as categorías, sistema de clasificación e premios está dispoñible no regulamento do Coruña Corre que pode consultarse na páxina web  www.coruna.gal/carreiraspopulares.

O Concello manterá aberto ata o día 30 de novembro o prazo de inscrición

Te puede interesar