Reportaxe | “A cidade é un todo, o aire que respiras, a familia e os amigos; constrúete”

Mercedes Peón tocará mañá ás 22.30 horas na praza de María Pita
|

Mercedes Peón é unha muller de barrio, en concreto, dun, Os Castros, e do terceiro dunha casa de 1.910, xusto enriba do bar Os Peores Viños. Alí, sendo pequerrecha tivo as súas primeiras sensacións, collía a bici e chegaba ao mar e tamén ao monte, o das Moas e ás leiras que rodeaban á actual avenida de Oza. “A cidade constrúete. É un todo, o aire que respiras, a familia e os amigos”. 
Despois mudariase a Monte Alto, á rúa Meira e ás Conchiñas para voltar con 33 a súa aldea, en Oza, onde medrou ao carón dunhas persoas tan sumamente amorosas, todo era agarimo, todo risos e inocencia”. Hoxe, contará disto e daquelo nun pregón ás 21.30 horas que xa lle ofreceran o ano pasado, pero para o que non puido estar. A investigadora falará do xérmolo que lle fixo coller a libreta e apuntar, recoller parte dese patrimonio cantado e contalo, poñelo no escenario de “Luar” e levalo o seu: “Eu son unha compositora, fago música e logo din isto soa a non sei que, claro que o é, tamén poder ser lírica”. 
Nese facer no laboratorio, creou un último experimento “Deixaas”, que tocará en María Pita mañá, ás 22.30 horas. Di Mercedes que eses 25 anos pescudando latexan porque “cando aprendes unha linguaxe esa lingua xa che pertence, non é tanto a cantidade senón a absorción da mesma”. Ela sente pracer polos sons, abre portas a espazos, quédase e marcha. Segue. Non se detén. No disco, quixo meter á industria do país e para saber o que acontecía co sector foi a velo. Asegura que quedou “impactada polos asteleiros de Navantia”. Tamén foi a Citroen, pero “teñen unha cadea de traballo moi mecanizada e non se discernían os sonidos”. Por iso, optou polo naval, “e a forma que teñen de traballar con mimo, de tratar o material, teñen unhas máquinas dos 50” que logo Peón distorsionou e un martelazo, que soa como un prato, sobre o que Mercedes interviu, dándolle texturas que mañá poñerá a rodar: “O que me impactaron foron as persoas, fálanche dos compañeiros. Están vivos”. 
Foi ao atravesar un portavións cando se deu conta que “Deixaas” tiña contedor, un buque ao que “vos invito” nunha viaxe industrial, non allea ao que viviu sendo cativa, nun barrio invadido polos tubos da Refinería. l

Reportaxe | “A cidade é un todo, o aire que respiras, a familia e os amigos; constrúete”