A Xunta impulsa con 4,2 millóns os parques empresariais de máis de 50 concellos

A Xunta impulsa con 4,2 millóns os parques empresariais de máis de 50 concellos
03 marzo 2013 página 11 Sada.- El PGOM de Sada multiplica por siete la superficie de suelo industrial existente El documento supone un incremento notable de la superficie industrial de Espírutu Santo

Máis de medio cento de concellos galegos beneficiaranse outro ano máis do programa de apoios municipais para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresarias galegos. A través desta liña resolta pola Consellería de Economía e Industria, impulsarase a súa actividade industrial, xerando postos de traballo e mellorando a competividade do tecido empresarial galego.
Destínanse a este programa 4,2 millóns, configurando un dos orzamentos máis importantes desde a súa posta en marcha, o que ten permitido apoiar distintas iniciativas que abarcan eidos diversos como o aforro e a eficiencia no gasto enerxético, a creación de novas plantas de depuración de augas, a xestión de residuos, as vías de acceso ou a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia.
Así mesmo, nesta edición primáronse as agrupacións de concellos. Seis dos beneficiados están agrupados en consorcios de dous municipios, o que lles permitirá ver incrementada nun 15 por cento a contía da axuda ata un máxima de 180.000 euros. Desta forma, colabórase coas administracións locais, primando unha xestión compartida que posibilita unha redución de gastos nas arcas municipais. Pola súa banda, os apoios para actuacións individuais alcanzan ata os 120.000 euros por proxecto.

Distribución
Por outra banda, preto da metade dos concellos beneficiados encádranse nas provincias de Lugo e Ourense, correspondendo á provincia da Coruña cerca do 40 por cento e á de Pontevedra o 14 por cento restante.
Para facilitar aos municipios a modernización dos seus parques empresariais, permítese o pago de anticipos de ata o 25 por cento da axuda concedida. Faise así accesible a posta en marcha de actividades que incrementan a calidade destas infraestruturas. Un obxectivo prioritario para o Goberno galego, que nos últimos cinco anos destinou trece millóns de euros a este programa.
Trala finalización dos traballos, teranse impulsado máis de 220 proxectos nos parques empresariais galegos desde o 2009, contribuíndo á mellora das infraestruturas de apoio ao tecido empresarial de Galicia co obxectivo de atraer investimentos para os concellos galegos.

iluminación
Na procura de medidas de aforro e eficiencia enerxética a nivel local prestando apoio económico aos concellos galegos, a Consellería de Economía e Industria resolveu tamén unha nova convocatoria da liña para a renovación da iluminación pública exterior. Máis de 230 concellos galegos, o 75 por cento do total, téñense beneficiado xa dun programa que lles permite instalar equipos máis eficientes que reducen ata un 60 por cento a factura eléctrica das instalacións substituídas.
A través desta actuación contribúese ao aforro enerxético dos concellos nunha das súas partidas máis destacables, tendo en conta que a iluminación pública supón, de media, case o 70 por cento do consumo eléctrico dun municipio. Así, a convocatoria deste ano permitirá acadar un aforro anual conxunto de máis de un millón de euros.
Ademais, obterase un aforro enerxético de 6,6 millóns de kWh/ano, o equivalente ao consumo anual dunhas 2.000 familias, ao tempo que se evita a emisión á atmosfera de 4.500 toneladas de CO2, o equivalente a plantar 217.000 árbores.
A Xunta destinou este ano 4,5 millóns de euros a este programa de iluminación exterior do Inega, un 15 por cento máis que na anterior convocatoria, promovendo 24 proxectos de agrupacións municipais de ata nove municipios. Así, cómpre salientar que a liña promoveu, unha vez máis, este tipo de proxectos colaborativos, que viron incrementada a contía da axuda ata o 85 por cento, fomentándose así a cooperación institucional e diminuíndo os custos de execución.
Con esta actuación, a Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia, mostra unha especial sensibilidade cos municipios por ser a administración local máis achegada aos cidadáns, tendo as medidas adoptadas un maior grao de visibilidade e repercusión pública.

A Xunta impulsa con 4,2 millóns os parques empresariais de máis de 50 concellos

Te puede interesar