Antía Otero e María Xosé Queizán reciben o premio Otero Pedrayo por dúas traxectorias pioneiras

Antía Otero e María Xosé Queizán reciben o premio Otero Pedrayo por dúas traxectorias pioneiras
el ideal gallego-2018-12-20-037-c7e01bf2

“Non traballei por un premio porque o premio era verdadeiramente traballar”. Antía Otero confesou onte no estrado recibindo galardón, o Otero Pedrayo, que na súa traxectoria de 25 anos como mestra si que houbo atrancos, pero sempre recompensou o resto. Na súa cabeza enxeñou unha escola diferente para que os nenos soubesen pensar por si mesmos e que lles permitise desenvolver todas as súas capacidades. Conseguiuno. O seu lado, a escritora María Xosé Queizán agarraba trofeo vermello como podía para contar a historia dun home chamado Ramón que a institución converteu en distinción para os traballadores da cultura coma elas. Despois de repasar o feito polo autor e por outros da mesma especie, membros da xeración Nós, Queizán foise até á figura de Antón Beiras –compañeiro de vida de Antía Cal– como a persoa que “inculcou o galeguismo”. Pola súa parte, a profesora da Universidade e membro do xurado do premio, Carme Fernández Pérez-Sanxulián falou de Antía como mestra renovadora e referente pedagóxica no momento franquista. 

O acto tivo lugar na biblioteca da Deputación da Coruña e reuniu representantes das catro deputacións e da Xunta de Galicia, institucións convocantes do premio, ademais doutras entidades. A Deputación da Coruña foi nesta nova edición a organizadora dun premio que ten carácter rotatorio e que por vez primeira recaía en dúas mulleres.


Coa música de Xoana, a profesora e especialista en Otero Pedrayo, Carme Fernández Pérez-Sanjulián introduciu unha velada na que tanto Antía Cal como María Xosé Queizán lembraron nas súas intervencións a figura de Otero Pedrayo desde a curta distancia xa que as dúas o coñeceron, e agradeceron ter sido distinguidas co premio que leva seu nome. Alí estaban tamén os responsables das áreas de Cultura das tres deputacións, Xosé Leal de Pontevedra María Pilar García de Lugo e Manuel Doval de Ourense, o secretario xeral de Normalización Lingüística da Xunta, Valentín García e representantes doutras institucións como a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, as Fundacións Otero Pedrayo e Manuel María e boa parte dos membros do xurado.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que as dúas premiadas “representan un compromiso coa nosa lingua, coa súa historia, coa defensa do seu patrimonio onde a lingua ten un papel protagonista”. Pola súa parte, a vicepresidenta Goretti Sanmartín Rei, lembrou que por vez primeira dúas mulleres gañan o Otero Pedrayo despois de que o pasado ano Margarita Ledo fora a primeira recoñecida en 40 anos da súa historia. Sinalou a responsable de Cultura que nesta edición estase a premiar “dúas mulleres pioneiras, referentes no mundo da pedagoxía, da educación, da innovación, da escrita, do feminismo. Todo o mundo nos emocionamos co filme que narra a vida de Antía e todas as mulleres temos en Queizán un compromiso cos nosos dereitos e a nosa loita”.

Antía Otero e María Xosé Queizán reciben o premio Otero Pedrayo por dúas traxectorias pioneiras

Te puede interesar