Axóuxeres achega o galego ás familias con nenos pequenos

Axóuxeres achega o galego ás familias con nenos pequenos
valentín garcía e celestino hermida presentan axóuxeres

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou onte a nova edición dos Axóuxeres, un programa multiplataforma destinado a dinamizar a lingua galega e a súa transmisión interxeracional nas familias con bebés de 0 a 6 anos de idade.

Na presentación, que tivo lugar na Cidade da Cultura, acompañaron a García a directora da TVG, Rosa Vilas e o director de Área 5.1 Factoría Audiovisual, Celestino Hermida.

Os Axóuxeres actualízanse e transfórmanse neste ano, segundo explicou o secretario xeral, “para adaptárense aos retos dunha sociedade que utiliza cada vez máis medios para relacionarse e educar”.

“Os Axóuxeres mudan cos tempos, sempre co empeño de ofreceren ferramentas para medrar en galego co apoio dos pais que, son os encargados de transmitirlles aos seus fillos a lingua galega”, sinalou García.

Os Encontros dos Axóuxeres son pezas teatrais dunha hora de duración pensadas para cativos de 0 a 3 anos, participativas e con moita presenza da música e do xogo. Pola súa banda, os Encontros dixitais son sesións de cine pensadas para nenos de 3 a 6 anos acompañados dos seus pais.

Este ano haberá 20 encontros teatrais e outros 20 dixitais que acollerán entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) nas catro provincias galegas. n

Axóuxeres achega o galego ás familias con nenos pequenos

Te puede interesar