“So coa rexeneración de Penamoa non se acaba co trapicheo”

O ventorrillo  o chabolismo e o edificio da silva

Como calificaría a actuación do Concello no final de Penamoa?
—Fixo o que tiña que facer e o que viña dado pola propia xustiza. Penamoa estaba abocada ao seu desmantelamento. Parécenos correcto que se empece de inmediato con ese plan de rexeneración, pero é un grave erro político voltar a deixar a zona como antes do asentamento, porque supón facer un investimento nunha rexeranción para que, con moita probabilidade, se sigan desenvolvendo as actividades delitivas.
—Seguirá a venta de drogas?
—Se non se reutiliza para a cidadanía é obvio que vai ser unha zona que quede aí marxinada. So coa rexeneración de Penamoa non se acaba co trapicheo de drogas.
—Estivo á altura da situación o goberno local no caso da ocupación do edificio da Silva?
—Houbo un fallo de coordinación ou de previsión. Os poderes públicos téñense que anticipar aos problemas. Podíamos imaxinarnos que, previo ao desaloxo do Penamoa, existiría algún tipo destes movementos. E, precisamente, nese edificio dábanse todas as circunstancias para que se utilizase. O goberno municipal non estivo o hábil necesario porque tiña que ter vixiado ese inmoble ou estar preparado para actuar de inmediato, porque se o desaloxo se fai no primeiro momento é sinxelo, pero, cando entra a parte xurídica, é complicadísimo. O goberno aí non estivo á altura das circunstancias.

“So coa rexeneración de Penamoa non se acaba co trapicheo”

Te puede interesar