As compañías de teatro locais reformularán a súa proposta para sobrevivir no sistema

As compañías de teatro locais reformularán a súa proposta para sobrevivir no sistema

A luz de alarma entre o mundo teatral saltaba hai unhas semanas cando unha compañía da talla de Teatro do Noroeste poñía á venda os máis de 200 traxes cos que subiu ao estrado a soldados, cardenais e papas. Porque unha escena cada vez máis asfixiada pola redución de funcións e festivais así o reclamaba, a agrupación alertaba con esta medida dunha realidade que se palpa en todo tipo de colectivos vencellados á dramaturxia desde hai moito tempo. É así como as compañías que pastan entre a avenida de Alfonso Molina e a ronda de Outeiro enxeñan alternativas coas que poder subsistir enriba do escenario.

 

danthea teatro

É o caso de Danthea Teatro, que vén de decidir darlle unha volta sociocultural ao plantexamento inicial englobando á sociedade toda na súa oferta e saíndo á rúa a expresar como mellor saben que están vivos: “Haremos pasacalles en octubre. Esa será nuestra especie de protesta”.

en Danthea teatro farán pasarrúas en outubro e programarán  a taquilla
de venres a domingo

santiago fernández
e manuel lourenzo, de casahamlet, reducirán o elenco das súas producións

Na sala Gurugú, na rúa de Agra do Orzán, programarán a taquilla de venres a domingo que é algo así como facer traballo de trincheiras porque os colectivos que colaboran na causa arriscan moito con esta opción. Para poder pagar o aluguer do local, os de Danthea ofrecerán actividades culturais. Porque non reciben axudas de ningún tipo nin para a sala nin para os contidos que presentan, Carlos Clemente conta que intentarán programar baixo mínimos e andar con pés de chumbo. Nunca o fixeron doutra forma.

Sabedores de que de apostar demasiado forte o golpe pode ser irreversible, a compañía leva camiñando paseniño polo teatro desde 1982 con títeres e pequeno formato para seguir soñando despertos. Coa axuda de compañeiros e englobados dentro da asociación Exempla. “Hasta diciembre vamos a intentar aguantar”, sentencia o encargado.

 

manicómicos

Preto do barrio, Manicómicos bota contas do que necesita para seguir respirando en Andrés Gaos nun baixo de 200 metros cadrados nos que pon en bandexa unha serie de actividades formativas a cambio de sobrevivir. Explica Willy Eter que os recortes dos gastos están sendo “bestiais” porque ademais de non obter este ano axudas de Agadic, o Ministerio de Cultura tampouco inxectou subvención algunha ao non organizar este verán o festival na rúa. Tampouco o Concello suministrou cartos ao colectivo porque optou por outra fórmula para levar a escena ao aire libre.

Desde a asociación esperan voltar a ter acubillo na programación municipal e preparan unha xeira de miniespectáculos no local a partir de outubro que lles axude a subir a costa. Ademais, Manicómicos presentará en breve a oferta formativa para este curso e seguirá inmersa na rede teatral da Deputación, onde recaudará fondos. Co propósito de continuar tendo os apelidos de “sen ánimo de lucro”, a asociación afrontará as dificultades pelexando.

 

casahamlet

No mesmo mar tamén se atopan escolas como Casahamlet. Santiago Fernández conta que a saída pasará por mermar as producións e acurtar o elenco ata o extremo de que serán Manuel Lourenzo e máis el os que protagonicen as obras. Aínda así, non teñen pensado eliminar ningunha das partes que levan sustentando a agrupación que son a didáctica con cursos para nenos e adultos, representacións –acotadas a un ámbito doméstico– e a revista, sempre que sigan a ter o respaldo de institucións.

 

elefante elegante

En canto a Elefante Elegante, o seu futuro pasa por atravesar os Pirineos. O feito de que nas súas funcións prime o xesto por riba das palabras fainos aptos para percorrer con arte países alleos á lingua galega e castelá.

María Torres sinala que en Francia os espectáculos teatrais teñen un IVE do 2,7% e que a partir da sétima función, suben até o 8. A cultura está alí moi enraizada e aínda que a primeira zona de influencia será sempre Galicia, non lles queda outra que facer as maletas porque “vanse pechando os grifos pero nós tentaremos abrir outros”. Sen deixar de presionar aos gobernos. n

 

As compañías de teatro locais reformularán a súa proposta para sobrevivir no sistema

Te puede interesar