Trasladan a dúas veciñas de Monforte (Lugo) por senllos ataques de ansiedade logo de declararse un incendio na súa casa

Dúas veciñas da localidade lucense de Monforte de Lemos foron trasladadas tras sufrir senllos ataques de ansieda logo que se declarase un pequeno incendio na súa casa.

O incidente produciuse en torno ás 11,00 horas nunha vivenda situada na Avenida de Galicia cando ardeu unha estufa eléctrica que tiñan no baño, segundo informou o CAE 112 Galicia.

As mulleres, unha delas de idade avanzada, sufriron senllos ataques de asiendad a causa do suceso, que tamén provocou que a máis nova inhalase algo de fume procedente do incendio.

No momento no que os servizos de emerxencia chegaron ao lugar dos feitos, o incendio xa estaba apagado pero na vivenda había moito fume. Ademais dos Bombeiros de Monforte e Urxencias Médicas, ata o lugar desprazáronse Protección Civil e a Policía Local.

Trasladan a dúas veciñas de Monforte (Lugo) por senllos ataques de ansiedade logo de declararse un incendio na súa casa

Te puede interesar