A operadora galega "R" alcanza as 300.000 liñas de telefonía móbil

mundo-r
|

A operadora "R" superou no mes de setembro as 300.000 liñas de telefonía móbil, o que a converte na operadora que máis crece en Galicia e a sexto no ámbito estatal que máis portabilidades consegue (mudanza doutro operador conservando o mesmo número).

Segundo informaron hoxe fontes da empresa, tan só desde novembro do ano pasado "R" acumulou un crecemento de máis de 100.000 liñas móbiles e conta, hoxe en día, con 304.000 liñas de móbil, das que 247.000 foron contratadas por particulares e 57.000 por empresas.

A empresa destaca que, deste modo, millares de lares e negocios se están beneficiando dos descontos por contratar tanto o fixo como o móbil con R.

Por outro lado, a empresa anunciou que móbilR vai mellorar nos próximos días as tarifas máis demandadas e que esta mudanza será automática e gratuíta para todos os clientes que contratasen o servizo.

Así, a tarifa 0, que permite chamar a 0 céntimos o minuto e que conta con 500MB, subirá o seu plan de datos a 1GB, sen aumentar de prezo.

A tarifa plana 15, que ofrece 250 minutos, 1GB de datos e 100 SMS, aumentará a 300 minutos e 150 SMS e, por último, a plana 20, con 600 minutos, 1,5GB de datos e 300 SMS subirá a 1.000 minutos sen ningunha limitación de destinos. EFE

A operadora galega "R" alcanza as 300.000 liñas de telefonía móbil