ARTEIXO - “Se chegamos ao goberno, imos cambiar todo”

ARTEIXO - “Se chegamos ao goberno, imos cambiar todo”
Copia de El Ideal Gallego-9999-99-99-999-59784019

Mónica Montero é a candidata de Anova en Arteixo. É a primeira vez que tanto ela como este partido concurren aos comicios municipais en Arteixo.

Que lle levou a dar o paso de presentarse ás eleccións
É un proceso. Eu estaba afiliada á CUT, participei no 15-M, no Movemento pola base... Non estou dacordo có sistema e decidín dar este paso: se me sinto agredida, se sinto que creo que podo dar algo, porque hai que ir a unha nova política para cambiar moitas cousas.

E en Arteixo, que cambiaría?
Todo. Temos unha perspectiva moi diferentes. Nós partimos da participación e imos cambiar absolutamente todo.

Que políticas concretas plantean para a xuventude?  
Todo o que fagamos será desde a participación. Imos propoñer un montón de cousas. Vemos que non son moi activos, e queremos un lecer máis responsables, que non os aliene, para que non vaian as grandes áreas comercias e que se queden en Arteixo, cun ocio de calidade, que abarca todos os aspectos, deporte, cultura... toda a dimensión do lecer, e que teñan a opción de elixir unha vida diferente, conscientes e máis críticos, con obradoiros e actividades nas rúas. Achegarémonos a eles, seremos nós os que imos iniciar ese diálogo.

E en Servizos Sociais?
Todo ten que ser transversal. Resumimos este apartado nunha frase: “Unha vida digna de ser vivida”. Falamos dunha alimentación sá, o dereito a unha renda básica, se non a todos os veciños, si que queremos traballar nunha renda mínima para os casos necesarios. Non queremos nin un só desafiuzamento en Arteixo. Falamos de igualdade, da xubilación activa. Do transporte interparroquial e cos concellos límitros, que é fundamental. Hai que  incremetnar os servizos sanitarios.

Se precisan un pacto, ¿con quen sería?
Se precisaramos pactar, ten que ser con respecto ao noso programa. Nos temos uns ideais e unha forma de traballar. Hai que falalo con esas persoas para ver se podemos chegar a ese entendemento no programa. 

ARTEIXO - “Se chegamos ao goberno, imos cambiar todo”

Te puede interesar