Francisco Montouto | “Queríamos que, na medida do posible, Sada tivese un PXOM ao servizo do interese social”

Francisco Montouto | “Queríamos que, na medida 
do posible, Sada tivese un PXOM ao servizo do interese social”
El Ideal Gallego-9999-99-99-999-6df8bce9-p

Venres 13 de outubro de 2017. A Xunta confírmalle ao Concello de Sada a “inminente” aprobación do que será o seu primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). “Este é un día histórico”, sinalou o alcalde, Benito Portela. O concelleiro de Urbanismo e Emprego, Francisco Montouto, apunta algunhas das claves do documento que poñerá orde nun dos municipios con máis posibilidade de crecemento de As Mariñas.

Cando calculan que entrará en vigor o primeiro PXOM de Sada?
Non podo establecer unha data concreta, pero confiamos en que a mediados de mes haberá PXOM.

Polo que perciben nas rúas de Sada... É consciente a cidadanía da importancia deste PXOM?
A xente sabe que agora conta cunhas regras de xogo, e aínda que moitos non o perciban desde unha perspectiva “macro”, de conxunto, son conscientes de que este plan establece onde e como poden construir a súa casa, ou onde e como desenvolver áreas terciarias, no caso de quen teña un negocio ou daquelas persoas que queiran investir en Sada.

Unha das actuacións a curto prazo será a protección das Brañas. Cales serán os pasos a seguir unha vez entre en vigor o PXOM?
Efectivamente, o Plan Especial de Protección das Brañas é unha das cuestións en que vamos a traballar con carácter inmediato á entrada en vigor o PXOM. Para nós é unha prioridade absoluta, por unha parte, dotar de protección ese cinturón verde que circunda As Brañas, que se vai facer mediante sistemas xerais de espazo libre. Dous son por expropiación e outro está adscrito ao desenvolvemento dun área urbanizable. Ben, pois para os que son por expropiación, imos iniciar esa expropiación... Despois, todo o conxunto que engloba tamén eses sistemas xerais, está dentro dun plan de protección e ordenación de infraestruturas e dotacións, e iso será igualmente unha prioridade para o Goberno de Sada polo que se prevé dotalo orzamentariamente en 2018.En calquera caso, o primeiro e último obxectivo deste plan especial é protexer este entorno privilexiado que temos no centro de Sada, e non seguir degrando máis aínda ese espacio de As Brañas.

Pero vostedes non contemplan a posibilidade de converter o Humidal das Brañas nun atractivo turístico engadido para Sada?
Desde un punto de vista de sostibilidade e de protección da natureza, cabe esa posibilidade, pero sen ningún tipo de intervención, baixo ningún concepto... Por un lado porque a normativa xa non o permite, e por outro, porque está fora de calquera tipo de racionalidade de respecto á natureza e o medio ambiente, se ben é certo que existen unhas telleiras que, dentro desa área urbanizable existente nas traseiras de Barrié se prevé aproveitar como equipamento no futuro, e que iso se podería utilizar como centro de interpretación, para amosar o que foron as Telleiras das Brañas. Pero ese entorno queda fora do ámbito, porque no ámbito en si desbótase calquera intervención por parte deste Goberno de Sada.

Que pasos se van a dar agora en relación co porto de Sada?
Hai un plan especial en tramitación que contempla aspectos cos que non estamos de acordo e así llo trasladamos á Xunta. De momento non obtivemos resposta sobre a viabilidade de realizar os cambios solicitados desde Sada. Nós sempre dixemos que, aprobado o PXOM, abordaríamos o Plan Especial do Porto de Sada.

Outro dos proxectos inmediatos, e un dos máis demandados nos últimos anos, é a ampliación do CEIP Sada e os seus Contornos...
Temos a sorte de que o PXOM incorpora un área de ordenamento detallado e xa non hai que esperar, nin desenvolvela nin remitila... Están tamén os planos, e tendo en conta que é unha demanda da comunidade escolar ampliamente contrastada, un equipamento que apremia este concello, no momento que entre en vigor o plan, nos poñeremos a traballar na ampliación. Para empezar, debemos obter os terreos e despois pediremos á Xunta que incorpore a dotación económica necesaria aos seus orzamentos con carácter inmediato, posto que a construcción é competencia de Educación.

Tamén contempla a construcción dun centro de saúde en A Lagoa que cumpra con criterios de accesibilidade, outra demanda histórica dos veciños de Sada.
Enfronte ao instituto, onde está previsto o desenvolvemento dun plan especial para a obtención duns 2.000 metros que teríamos que poñer a disposición da Xunta para o novo centro de saúde.

Que usos establece o PXOM para o antigo Hotel Sada Marina?
Establece como uso principal pormenorizado o terciario nas modalidades de oficinas-administrativo, docente-educativo, sanitario-asistencial-beleza-saúde, e como aloxamento turístico do grupo A, é dicir, establecementos hoteleiros, polo que non se permiten apartamentos turísticos por exemplo, o que claramente amplía e compatibiliza os usos.

Neste momento, hai ofertas sobre a mesa para o Sada Marina?
É una cuestión que desconozo porque é competencia de Abanca. Ao Concello de Sada corresponderíalle únicamente outorgar as licencias, e a día de hoxe aquí non entrou ninguna solicitude en relación co hotel Sada Marina.

A entrada en vigor deste documento urbanístico varía en algún aspecto a situación do Náutico?
En primeiro lugar hai unha sentencia de hai moitos anos que hai que executar. En segundo lugar o PXOM non legaliza o Náutico. Ao estar nun sistema xeral de espazo libre segundo o plan, eses espazos permanecerán libres de edificacións, se ben, previo acordo municipal, poderán autorizarse novas edificacións de carácter permanente relacionados e integrados co espazo libre, tales que aseos públicos, quioscos, terrazas... Polo que unha vez que se derrube, vaise someter a consulta cidadá o destino e uso desa área.

Está previsto executar a curto prazo o derrubo do Náutico?
Está contemplado pero, de momento, non podo precisar datas.

Cando se aprobou o plan de maneira provisional, vostedes dixeron que este non era o PXOM “ideal” para Sada, porque é un documento iniciado polo Goberno de López Soto ao que dá continuidade o de Anido... Que cambiarían se estivera na súa man do PXOM?
Cando asumimos a responsabilidade de gobernar o Concello de Sada en 2015, as tres forzas que conformamos ese Goberno –Sadamaioría, PSOE e BNG– reunímones para tratar de chegar a un acordo respeto ao PXOM porque cada unha das forzas tiña o seu criterio. Conseguimos chegar a un consenso e, a partir de aí, traballamos nos cambios porque aínda non se tiña levado a aprobación provisional, aínda que o anterior Goberno do PP insistía en que contaba con todos os informes... Dito esto, nós acadamos un consenso e iniciamos os cambios. Por exemplo, os plans especiais de reforma interior na avenida de Sada e Contornos, e incluso en Barrié, que viamos que nos podería dar algún problema no futuro, decidimos eliminalos e deixar estas zonas como urbanas consolidadas. Tamén decidimos eliminar un urbanizable en Pazos, porque consideramos que era un pelotazo urbanístico que non beneficiaba en nada ao PXOM. Tamén houbo aspectos relacionados con Meirás e As Brañas.

Con eses cambios conseguiron deixar a súa impronta no PXOM?
Esa era a intención, queríamos, na medida do posible, que Sada contase cun PXOM ao servizo do interese social que aposte polo crecemento sostible, a nivel territorial e medioambiental, que promova e potencie a renovación e rehabilitación urbanas, a posta en valor dos espazos naturais e do patrimonio construído, que garanta o dereito a unha vivenda digna, e a reserva de solo industrial e comercial que garanta a economía produtiva. Con todo iso, en xaneiro de 2016 abrimos negociacións con PP e Sada Popular. Co PDSP coincidiamos nunhas cousas, noutras non... Nas que non, expuxémoslles o noso punto de vista e o aceptaron... Polo que non se pode dicir, como apuntou o PP, que o PDSP nos impuxo o seu modelo urbanístico.

Francisco Montouto | “Queríamos que, na medida do posible, Sada tivese un PXOM ao servizo do interese social”

Te puede interesar