“Galicia Caníbal” recupera o espírito dos 80 desde hoxe ao domingo no teatro Colón

“Galicia Caníbal” recupera o espírito dos 80 desde hoxe ao domingo no teatro Colón
cul21. santiago de compostela, 26/06/2012.- los actores víctor mosqueira (izqda.) y sergio zearreta (dcha.), durante el ensayo para la prensa del musical "galicia caníbal", ambientado en la escena del pop-rock gallego de la dé

Quico Cadaval será desde hoxe ao domingo no teatro Colón unha especie de garda de tráfico, convencido de que non terá que empregar o silbato porque “estou rodeado de grandes artistas e isto é algo que resulta excitante”. Desembarca na cidade o musical “Galicia caníbal”, unha idea de regresar ao Vigo talentoso dos oitenta da man dun dos artífices de que aquela época tivese tanta pegada na xente.

Antón Reixa foi a cabeza pensante dun proxecto que os guionistas Fran Peleteiro e Antela Cid amasaron con palabras e Quico Cadaval tratou de ordenar. O director de escena comentaba que no espectáculo, os músicos seleccionados por Pablo Novoa están todo o tempo á vista.

A acción acontece entre eles e eles son os encargados de poñer en bandexa a catro paos da mesa chamados Os Resentidos, Siniestro Total, Golpes Bajos e Aerolíneas Federales. A banda sonora dun tempo do que os adolescentes queren ser partícipes. Cadaval conta que ao contrario do que parece, as butacas non están sendo invadidas por aqueles que protagonizaron a movida porque “cremos que aínda somos novos. É a nosa fantasía”.

Neste caso, son os que a viviron de oídas os que repousan as cadeiras para ver no escenario a unha rapaza falta de identidade que recobra a súa vida grazas á aparición da súa tía Marga, unha estrela dos 80 que morre de forma repentina, pero que ten na súa casa un auténtico museo daquela década prodixiosa. Será así como Ana entrará de cheo nesta época.

Ela será a protagonista dun revival orixinal no que oito bailaríns pintarán de punk e de pop a súa nova etapa vital coqueteando co espírito das ombreiras. Invadida como non podía ser menos dun toque horteira propio daqueles anos nos que Golpes Bajos facían lírica en plena discoteca.

Na montaxe soarán siniestro total, os resentidos, golpes bajos           e Aerolíneas federales

O director recomendaba velo porque “recarga as pilas. É moi enerxético e as dúas horas e media que dura fanse curtas”. Ademais dos catro grupos que irrumpiron na escena galega, o musical tamén servirá para lembrar os hits doutros non tan coñecidos como “Moncho y los Sapoconchos” e “Los Limones” –que despuntaban máis tarde– xunto a temas instrumentais de Radio Océano. Nunha velada que terá apoios audiovisuais.

A engranaxe completarase así con proxeccións a cargo de Curru Garabal que combinará o movemento escénico con decorados de estética cómic e imaxes que enlazarán os oitenta coa cultura urbana, os grafitis e o hip hop nun afán de confraternizar cos tempos actuais, dicía Cadaval.

A produción conta coa colaboración do Centro Dramático Galego que ademais de encargarse do cásting dos actores, aporta os medios técnicos para que os Víctor Mosqueira, Iolanda Muíños e Teté Delgado fosen máis oitenteiros que os zapatos con borlas. Ata dez intérpretes introducirán aos espectadores nun trasiego de bares. Todos eles, “con espectaculares curriculums e uns corpazos”, engadía Cadaval. Nun musical que coproduce Filmanova xunto a Estrella Galicia, que era tamén a pócima máxica nestes anos cando Quico empregaba luvas para que non enfríasen. Os invernos, dicía o artista, eran antes máis longos.

O Colón ofrecerá funcións desde hoxe ata o domingo ás 22.00. Tempo entón para tararear aquela de “Me pica un huevo”, “No sé ligar” ou “No mires a los ojos de la gente”. “Galicia Caníbal” percorrerá o mapa de Galicia ata setembro cando recalará na capital madrileña ata finais de ano. Unha distancia que a movida dos oitenta reduciu ata o punto de que Madrid e Vigo bailaron sobre a mesma tumba. n

 

“Galicia Caníbal” recupera o espírito dos 80 desde hoxe ao domingo no teatro Colón

Te puede interesar