OLEIROS-“A xente busca calidade de vida e aquí témola exquisita en relación a outros concellos”

|

Son xa moitos anos ao fronte do goberno local nun municipio do que Ángel García Seoane destaca, en todo momento, a súa calidade de vida e o gran número de servizos para o cidadán. Unha das claves, asegura, sobre as que se sustenta o crecemento da localidade. Entre tanto, rema contracorriente para tratar de paliar, coas limitadas políticas locais, os recortes estatais.

Que balance fai unha vez que se superou o ecuador do mandato, coa maioría absoluta que lle deron os veciños?
A situación do país non permite grandes florituras. Nos dous anos que levamos desde as eleccións fixemos unha serie de axustes nos investimentos municipais, dando prioridad no mantemento dos servizos, que para nós é clave. Construíronse moitas infraestruturas nos anos anteriores e a nosa obriga é convervalas e que estean en bo uso para os veciños. Nese sentido o balance é positivo, pero lamentablemente hai outros sectores como o investimento en creación de emprego, aínda que non son os concellos os que o teñen que facer senón o Goberno da nación, donde a situación non é a que nós quixésemos.

Pero o Concello si leva a cabo algunhas actuacións, non?
Preocúpanos moito a situación e por iso estamos traballando, dentro das nosas posibilidades, na creación de emprego, como a Oficina de Colocación Municipal e outras iniciativas. Por exemplo, ás empresas que abran aquí solicitámoslle que sexa con persoal de Oleiros si é posible.

Neste sentido, hai que lembrar que fai un mes, coa apertura do McDonald’s, deuse traballo a unha treintena de oleirenses, o que se pode repetir noutras empresas que teñen previsto abrir en próximas semanas.
Si, pero o problema é que, en base ao cambio das leis laborais que provocou o Goberno da nación, son contratos dos chamados basura. A xente agárrase a eses contratos porque din que é mellor iso que nada. Non estou dacordo, a min gustaríame que a xente reciba un salario digno e acorde á súa capacidade.

O que si é unha boa noticia é a cantidade de empresas que se constitúen no municipio.
Oleiros, no que vai de ano, desde o Concello, fixéronse bastantes contratos, e iso que non somos quen para crear emprego, pero si fomentamos isto desde o Concello e demandando ás empresas que tiren da nosa bolsa municipal. No verán contratáronse máis de 60 persoas para atender mellor os servizos.

Nos orzamentos de 2014 estanse blindando este tipo de partidas que poden ser máis necesarias que nunca?
Sempre levamos unha partida para contratación temporal de servizos e turístico, xa que temos a obrigación de que, cando se incrementan os servizos, hai que atendelos, como as praias, os parques e todo o que goza o cidadán ou quen nos visita. No verán, en días de sol, pode haber 15.000 ou 20.000 persoas sobre a poboación existente. Iso xera que os servizos estean atendidos.

E en educación ou outros sectores que estanse a recortar desde o Goberno central?
Oleiros é un Concello punteiro na educación pública. Non só nas infraestruturas que se crearon entre o Concello e a Xunta, senón tamén no tema educativo, onde a colaboración do Concello cos claustros e as APAS fixo que se invistan importantes cantidades de diñeiro para actividades e ata viaxes culturais, así como no mantemento dos centros. A educación en Oleiros recibe, sen ter competencias, unha partida importante do orzamento municipal. E direi que os orzamentos non van mermar en nada no tema social, educativo, cultural e deportivo. Imos mantelos e ata nalgúns casos incrementalas.

Para rematar co tema educativo, hai algún tema pendente?
Os comedores. Non pode haber nenos que poidan comer e outros non. E non pode haber uns que paguen un prezo e outros o dobre ou o triple. É unha asignatura pendente da Xunta. Nós estamos colaborando coas APAS na medida do posible para que se preste servizo nos comedores escolares.

Cambiemos ás infraestruturas. Fai menos de dous meses inaugurouse un novo treito da Vía Ártabra e xa lle queda pouco. Está satisfeito co resultado?
Á primeira fase, de tres treitos, só quédalle chegar ao porto de Lorbé e demandamos que se faga porque está expropiado, explanado e falta moi pouco. Unha obra sinxela que debe abordar sen demora a Xunta. É unha zona, a de Lorbé, con moita actividade pesqueira, cunha produción importante de mexillón, acuicultura, tamén actividade deportiva... Moita xente vive diso. O que é unha pena é que no seu día a Vía Ártabra fose boicoteada por outros Concellos. Senón sería unha realidade hoxe.

E que pasa coa conexión coa autopista ou a autovía?
Aí quédanos outra batalla grande para conectar coa AP-9, como mínimo, en Cambre e os polígonos de Cambre, de Oleiros, que haberá nesa zona, e de Sada. En canto á A-6, o anteproxecto inicial incluíao, pero na aprobación de obras nunca estivo porque houbo impedimentos de Sada, que apenas ten conexións cando tería que telas, porque o entón alcalde, Moncho, opúxose rotundamente; ou Cambre, polos líos que houbo entre os distintos partidos e entidades veciñais, intereses que impediron que Cambre teña a infraestrutura necesaria para eles e para esta comarca.

Está Oleiros satisfeito?
Plenamente. Todas as infraestruturas e servizos para os cidadáns, hai que saudalos. Aquí está sendo tremendamente positivo.

En canto á construción, parece que Oleiros non notou tanto a crise do sector...
O feito de que se constrúa en Oleiros é por varios aspectos. É un Concello que está planificado con orde, lei e seguridade. O que compra sabe o que compra e o que vende sabe o que vende. E o que quere construír ten todas as garantías do Plan Xeral. E iso, unido a que temos unha calidade de vida exquisita en relación con outros Concellos, cun medio ambiente protexido, cunha cantidade de dotaciones e de equipamientos importantísimo, implica que a xente, aínda que lle sexa un pouco máis caro, veña a vivir a Oleiros. Esa é a razón principal. A xente busca calidade de vida.

OLEIROS-“A xente busca calidade de vida e aquí témola exquisita en relación a outros concellos”