O Concello abre hoxe o prazo de inscrición para a proba ‘pequena’

O Concello abre hoxe o prazo de inscrición para a proba ‘pequena’
Percorrido da décima edición da proba

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento abre hoxe o prazo de inscrición para participar na décima edición de Coruña10, a carreira popular de maior traxectoria das organizadas polo Concello coruñés.
A proba, que se celebrará o 9 de outubro, reforzará o carácter integrador iniciado esta tempada pola área que dirixe José Manuel Sande, e permitirá que, por vez primeira, atletas en cadeira de rodas participen no percorrido completo.
O circuíto urbano, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, ten un perfil practicamente chairo e partirá, como a pasada edición, da avenida da Habana. As e os deportistas populares percorrerán, desde xeito, 10.000 metros polo Paseo Marítimo da enseada do Orzán, achegándose dun extremo a outro nas rotondas do Millenium e Torre de Hércules .
En Coruña10, proba na que poderán participar persoas maiores de 18 anos, estableceranse as seguintes categorías: Junior, Promesa, Senior e até catro modalidades de veteranos segundo o ano de nacemento, e a de persoas discapacitadas que disputen a proba en cadeira de rodas.
Tamén haberá carreiras para menores de idade, nas que poderán participar nenas e nenos nados desde o ano 2011 (prebenxamín) até o ano 1999 (xuvenil). Haberá recoñecementos para as primeiras persoas clasificadas de cada categoría, así como para as e os primeiros atletas locais e de Galicia.
A organización, ademais, premiará a todas aquelas que superen o récord da proba, sendo este de 28:09 na categoría absoluta masculina, e 31:40 na feminina.
A inscrición para participar en Coruña10 poderá realizarse a través da web da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com) até as 23.50 horas do 2 de outubro, e tamén de xeito presencial a partir do martes 9 de agosto, e ata o 1 de outubro, no departamento de deportes de El Corte Inglés de A Coruña Ramón y Cajal e Marineda, Santiago de Compostela e Vigo.
A cota de inscrición é de 5 euros agás para as persoas menores de idade, que é gratuíta , sen necesidade de alugar chip para a cronometraxe, xa que o dispositivo estará integrado no dorsal.
Na web www.coruna.es/carreiraspopulares, que recolle información da tríade que Coruña10 forma xunto a Coruña21, Coruña42 e o Circuíto Coruña Corre, poderá consultarse a partir de hoxe o regulamento da carreira. Neste espazo actualizaranse os servizos que terán as e os corredores o 9 de outubro, así como outras novidades da competición. n redacción

O Concello abre hoxe o prazo de inscrición para a proba ‘pequena’

Te puede interesar