Reportaxe | Unha historia contada con palabras, música e piruetas

Reportaxe | Unha historia contada con palabras, música e piruetas
El Ideal Gallego-2018-11-21-036-327baaaa

Pistacatro e o Centro Dramático Galego presentan o domingo no teatro Colón unha viaxe polas emocións en “Arnoia Arnoia. O circo da casa pequena”, onde o texto de Méndez Ferrín será teatro, circo e danza. Pirueta e mundo, ao mesmo tempo nunha posta en escena dirixida por Quico Cadaval fabricada para o público en xeral, pero en especial, para os rapaces con máis de dez anos. 

Por iso, o teatro reserva o luns unha función para escolares ás 11.00 horas. Conta a produtora de Pistacatro, Belem Brandido, que a peza xuntará a un dramaturgo que vén doutro mundo e descoñecía o circo e a un dos escritores por excelencia da literatura galega. 

O resultado son aventuras en directo, situacións que lle ocorren a príncipa Nmonadah, que serven para falar da soidade das pantallas en nenos nun sentir de emocións moi forte xa que o circo “eleva a obra a unha plasticidade e movemento que con actores sería máis complexo”. A arte xestual métese así dentro da historia dunha adolescente que sofre pola morte de Nai Loretta “e soa enfróntase a un montón de etapas que ten que cumprir para regresar a súa casa pequena, que é a patria”. A cativa vai salvando obstáculos que se resolven moi ben con artistas de circo nun periplo fantántisco, no que se “atopa con sortes que ten que atravesar, e esas incertidumes aliméntanse de recursos circenses e outros teatrais, de música e canción”, di Belem.

Levan doce funcións seguidas en Santiago e está sendo un “éxito brutal”, porque “empezou a correr a voz, e a resposta do público adulto e os adolescentes, de profesores e alumnos, é moi boa”.

Comenta que o ritmo que ten fai que a hora e media se dixira ben cun elenco “bastante coral”, onde a coruñesa Ánxela Blanco é Nmonadah acompañada por Aitor Garuz, Pablo Reboleiro, Álvaro Reboredo e Beatriz Rubio para representar un mundo que pode ser levado a “calquera contexto, para Ferrín é a súa Galiza”, cunha mensaxe adosada que é a da hostilidade do dixital. Ao principio, explica que Cadaval pensaba no complicado dun proxecto tan híbrido, pero que entre aéreos, circo pulls, roda cyr e malabares, comprobou que é máis libre. Expándese en parte grazas a un traballo colectivo “nos que participan teñen que confiar nos demais”, e que xunto á parte actoral, conta. Fala co corpo e a palabra. 

Quizais o espectador máis especial que se atoparon foi a un emocionado Méndez Ferrín, que lles confesou que ten unha relación íntima co circo porque os da empresa ourensana Feijóo eran familia. Por iso, a cercanía e o feito de que ademais do escrito, había algo máis seu no espectáculo. Neste punto, o autor deu liberdade total aos creativos para facer maxia da novela: “Quico foi intermediario”, e cando o viu materializado aplaudiu con forza.

Reportaxe | Unha historia contada con palabras, música e piruetas

Te puede interesar