razón forte berra

A nosa razón forte berra

A represión non concluíu niso, aínda ficaría a detención arbitraria, xuízo infame e morte por sentenza dos considerados “mártires” da causa que, malia a manobra de intentar deturpar esta historia de horror dos poderosos no sistema capitalista, remataron por facer da lembranza deste crime de clase unha cita senlleira das e dos traballadores, acadando non só o recoñecemento legal do dereito ás oito horas de traballo senón que asentaron as bases dun forme movemento político e sindical que se identifica na chamada á rebelión do himno musical da Internacional: En pé os escravos da terra, en pé os que non teñen pan; a nosa razón forte berra.