Policía civil

Precisamos da nosa Policía (2)

Dicíamos na primeira xeira desta análise que, no tempo da aprobación da lei de Policía de Galicia (2007) e da proposición de lei orgánica para a transferencia das competencias de tránsito e seguridade viaria a Galicia (2008) eran maioría os funcionarios da Garda Civil de Tráfico (GCT) no noso territorio ( e moitos galegos de orixe con destinos fóra do País) que desexaban integrarse nunha nova Policía, civil e galega, para cumprir o seu traballo nas nosas estradas.