Este proxecto de dinamización lingüística conta este ano con 33 sesións de catro representacións teatrais e musicais. Actividades dirixidas aos "peques" para celebrar estas "datas especiais" en galego.
A serie web 'Aquí medra a lingua', promovida polo Consello da Cultura Galega, estrea este luns un episodio sobre o Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro, oito escolas dos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Malpica. Este centro sitúase nunha contorna maioritariamente galego falante e aposta por tecer colaboracións con colectivos e empresas locais, así como participar na vida cultural dos municipios.