Diego Botín

Lete Lasa: “O éxito está no camiño e no camiño Iago ten demostrado ser de ouro”

Agora, en Toquio 2020, a vela galega volverá a contar cunha inmellorable representación encabezada polo propio Iago, Támara Echegoyen ou Nico Rodríguez, os tres apoiados en todo momento pola Secretaría Xeral para o Deporte.O secretario xeral para o Deporte estivo no acto de despedida que o Náutico de Portosín organizou para López Marra Lete Lasa cifrou este apoio da Xunta que, no caso de Iago, contou coa adquisición en 2019 dunha embarcación tipo 49er para a Real Federación Galega de Vela valorada en máis de 22.000 euros, dos que a Secretaría Xeral financiou o 80% con cargo á orde de adquisición de equipamentos deportivos (a federación de vela adquiriu material por importe de 50.000 euros en 2019 sumando ademais unha furgoneta).

1 2 3 4 5