Colexio de Traballo Social de Galicia

O COTSG en colaboración coa Deputación de Lugo presentan o Documental: “A Vivenda. Un ben social?”.

O documental ‘A vivenda, un ben social?’, dirixido por Sagrario Fernández e Xosé Bocixa, aborda o dereito a un fogar digno en Galicia desde a ollada do Traballo Social. No documental, achéganse testemuñas de persoas usuarias e de profesionais dos servizos sociais, así como de académicos e políticos.