Aquí medra a lingua

A serie web sobre a dinamización lingüística "Aquí medra a lingua" estrea un episodio no CRA Nosa Señora do Faro

A serie web 'Aquí medra a lingua', promovida polo Consello da Cultura Galega, estrea este luns un episodio sobre o Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro, oito escolas dos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Malpica. Este centro sitúase nunha contorna maioritariamente galego falante e aposta por tecer colaboracións con colectivos e empresas locais, así como participar na vida cultural dos municipios.

1 2 3 4 5