apertura al público

Os xardíns do Pazo de Meirás reabren este sábado nun acto con presenza de Carmen Calvo

Os xardíns do Pazo de Meirás reabrirán a partir deste sábado, xornada na que un acto institucional coa vicepresidenta primeira, Carmen Calvo, á cabeza escenificará a recuperación do complexo do municipio de Sada logo do proceso xudicial contra os herdeiros do ditador Francisco Franco.