Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Salud Ideal

O Colexio Oficial de Podoloxía de Galicia alerta sobre o uso prolongado de chanclas de dedo 

Imagen de archivo de unos pies
Imagen de archivo de unos pies
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Coa chegada do verán e das altas temperaturas, o uso de chanclas de dedo multiplícase tanto na praia como no día a día. Porén, o Colexio Oficial de Podoloxía de Galicia (Copoga) advirte de que utilizar este tipo de calzado durante períodos prolongados pode acabar provocando molestias, sobrecargas musculares e dor nos pés e nocellos.

As podólogas e podólogos explican que as chanclas de dedo están deseñadas para usos puntuais e espazos húmidos, como praias, piscinas ou duchas públicas, pero non para percorrer longas distancias nin para camiñar durante horas. O principal problema é que este calzado apenas ofrece estabilidade nin suxeición ao pé, obrigando á musculatura e ás estruturas do nocello a realizar un esforzo constante en cada paso. “Moitas persoas perciben as chanclas como un calzado cómodo e inofensivo, pero cando se utilizan de forma continuada o pé ten que compensar continuamente a falta de soporte, o que pode acabar derivando en sobrecargas e dor”, explican desde o Copoga.

Entre as alteracións máis frecuentes asociadas ao uso continuado deste tipo de calzado destaca o denominado “efecto garra”, unha situación na que os dedos permanecen en tensión constante para suxeitar a chancla e evitar que se desprace ao camiñar. Ademais, increméntase o traballo dos músculos estabilizadores do nocello, especialmente os peroneos, e aumenta a carga sobre estruturas como a fascia plantar, o tibial anterior ou o tendón de Aquiles.

O Colexio Oficial de Podoloxía de Galicia sinala tamén que as persoas con alteracións biomecánicas previas, como xoanetes, dedos en garra, fascite plantar ou pé plano, teñen un maior risco de sufrir molestias co uso prolongado deste tipo de calzado.

Segundo indican os profesionais, moitas destas molestias non aparecen de maneira inmediata, senón tras semanas de uso continuado durante as vacacións. “É habitual que ao final do verán aumenten as consultas relacionadas con dor plantar, sensación de sobrecarga ou molestias musculares derivadas do cambio de calzado e da utilización continuada de chanclas”, apuntan.

Por este motivo, o Copoga recomenda reservar as chanclas para contextos concretos como a praia ou a piscina e optar, para o día a día ou para camiñatas longas, por un calzado máis estable, con boa suxeición e amortecemento. Tamén lembra a importancia de acudir a unha consulta de podoloxía ante molestias persistentes ou cambios na pisada.

O Copoga lembra que as podólogas e podólogos son os profesionais sanitarios especializados no diagnóstico, tratamento e prevención das patoloxías e alteracións dos pés, así como no estudo da biomecánica e da pisada, polo que recomendan acudir á consulta ante calquera molestia persistente ou cambio funcional relacionado co uso do calzado.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620