Teresa Seara

Estou certo de que o nome que dá título a estas liñas é descoñecido para a inmensa maioría de quen as lea. Porque Teresa Seara non aparece en programas televisivos de grande audiencia como Sálvame ou, se me apuran, La Sexta Noche, esa gaiola de grilos de suposto debate político. Teresa Seara é unha persoa do común, mais moi relevante no pequeno mundo das letras galegas. 
É profesora  do IES Cabo Ortegal de Cariño, difícil labor que lle deixou tempo para ler e comentar literatura, nomeadamente poesía, ata converterse nunha das voces máis autorizadas á hora de falar deste xénero tan importante desta nosa nación. Velaí están as antoloxías, prólogos, traducións e centenares de artigos.
Tamén soubo roubarlle horas ó día para dedicalas a realizar a súa tese de doutoramento A obra poética de Miguel Anxo Fernán Vello –codirixida pola doutora Teresa López e por quen isto escribe–, que defendeu na Universidade da Coruña o 20 de decembro. Parabéns por tanto e bo traballo.

Teresa Seara

Te puede interesar