Miércoles 21.11.2018

Salvarmos Sargadelos

Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, dende o Laboratorio de Formas

Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, dende o Laboratorio de Formas, crearon o Grupo Sargadelos. Querían un grupo empresarial comercialmente potente, financeiramente viábel, mais que fixese País na creación cultural, informativa e no benestar social . Velaí a fundación de Edicións do Castro e o Instituto Galego de Información.
“Cerámicas del Castro, S.L” (O Castro). ten case o 40% do capital social de “Fábrica de Cerámicas de Sargadelos, SL” (Fábrica de Sargadelos), o que lle permite o control indirecto da mesma e do Grupo Sargadelos todo.
No 2006 a xenerosidade e patriotismo de Isaac Díaz Pardo (que transmitira de balde importantes cotas do capital social a determinados colaboradores) privoulle do control d’O Castro e, moi logo, por mor do seu control indirecto, da Fábrica de Sargadelos e do Instituto Galego de Información. Entón, a nova maioría elixiu conselleiro-delegado ao socio Segismundo García.
Despois dun tempo no que se afastou da xestión, Segismundo García pactou no 2014 coa familia Vázquez Freire (beneficiarios daquelas cesións gratuitas de capital de Díaz Pardo) o seu nomeamento como administrador único da Fábrica de Sargadelos (xa que entre el e a devandita familia controlaban o 51% d’O Castro). Dende entón, a Fábrica de Sargadelos enfrontou un concurso de acredores e unha reorientación comercial e de proxecto que pasou por: I) liquidar todo o legado de Díaz Pardo e Seoane e todo compromiso cultural con Galicia (Instituto Galego de Información e Edicións do Castro) II) Liquidar toda relación co Laboratorio de Formas , antes responsábel da dirección artística, do seu  “know how”. III) Prescindir dos mellores técnicos da empresa, o que incrementou a porcentaxe de fallos na produción do 10-15% anterior a case o 40%. IV) Perder a identidade e o deseño orixinal como sinais propios, impedindo na práctica cara ao futuro garantir a merca dos produtos do Grupo na gama alta de prezo onde se moveron historicamente. 
Hoxe Segismundo García quere botar fóra ao 50% do cadro de persoal da Fabrica de Sargadelos pola súa incapacidade de dirixir a actividade empresarial nas marxes da Lei, pois  quere descoñecer sentenzas xudiciais e convenios colectivos. Mais Galicia asume o risco da perda do patrimonio inmaterial do Grupo Sargadelos, hoxe administrado de xeito irresponsabel.
Cómpre salvarmos Sargadelos.

Salvarmos Sargadelos
Comentarios