Reviravolta en varias cidades galegas

Moito mudou o mapa electoral nas votacións de onte. Comezando pola capital compostelá, onde  o ex alcalde Bugallo asinou un trunfo  en clave persoal, axudado por unha candidatura transversal que sobiu a marca de 4 a 10 concelleiros, mentres Compostela Aberta (CA)  pagaba o custo da división do espazo de cambio e unha manifesta falla de xestión transformadora e perdía a metade-5- dos seus antigos 10 concelleiros, o PP perdía un ( de 10 a 9) e o BNG mantiña os 2 que tiña. 

Tamén na Coruña o PSOE foi a candidatura máis votada . Inés Rey será alcaldesa, con 9 concelleiros , empatando en escanos, pero non en votos a un PP que perde un.  Substituírá a  Xulio Ferreiro que perdeu o 40% da representación da Marea Atlantica (10 no 2015, agora 6), mentres o BNG dobrou a súa representación, sobindo de 1 a 2. Tanto no suposto de Ferreiro como de Noriega demostrouse  que os votos non teñen dono e que probàbelmente os mesmos sectores electorais que deixaron o PSOE no 2015 voltaron agora. En calquera caso, a falla de acordo daralle cadansúa alcaldía ao PSOE que tampouco poderá gobernar só co BNG e precisará  para obter estabilidade de pactos con CA e a Marea Atlàntica

En Ferrol Rey (PP) ficou ás portas da maioría absoluta (quitou 12 de 25) diante do fracaso de Ciudadanos, que perdeu a súa representación. Poderá gobernar o PSOE canda Ferrol en Ciomún (que perde a metade dos seus 6 concelleiros) e o BNG que obtén 2, mais aquí son precisos BNG, os comúns e máis o PSOE para construir un máis ca probábel tripartito. O PP obtivo un bó resultado en Lugo, obtendo 10 concelleiros como candidatura máis votada, mais o BNG sobiu de 2 a 5, na súa mellor progresión na Galicia urbana e poderá cogobernar coa alcaldesa Lara Mèndez. Mentres, en Ourense, o PSOE poderá gobernar como forza máis votada, dende os seus 8 concelleiros, tendo en conta que Democracia Ourensá, con 7 concelleiros, non lle dará apoio ao bloque da dereita (PP +Ciudadanos).

O BNG obtén un grande trunfo en Pontevedra, ás portas do concelleiro nº 12 con case o 40% dos votos. Canda o PSOE é a forza que máis cumpriu os seus obxectivos, voltando aos concellos de Vigo (con 1) e ao de Ourense (con 2) e avanzando substancialmente en Ferrol, Lugo e A Coruña, mentres obtén o primeiro posto en 24 concellos con varias maiorías absolutas importantes.

Perden as distintas Mareas, polo menos nas principais ciudades. Perde Ciudadanos, que amosa a súa irrelevancia no noso País (Vox nin existe) e perde o PP, malia que amose aínda unha grande forza que non lle permitirá, porén, gobernar ningunha das grandes ciudades.

E gaña sobre todo o PSOE. Dende a inédita maioría absoluta de Abel Caballero (20 sobre 27) e a maioría absoluta de Vilagarcía até as futuras alcaldías de Lugo, Ourense, Ferrol, Compostela e A Coruña.

Agás Vigo e Pontevedra as demáis ciudades galegas deron, na súa fasquía electoral unha grande reviravolta.

Reviravolta en varias cidades galegas

Te puede interesar