Centralismo e militarización

Os días 11-M e 12-M, con menos de 2.200 casos en todo o Estado, o Goberno central habería ter decretado o estado de “alarma”. pechando a rexión de Madrid. Unha rexión que actuou nas semanas seguintes como auténtica centrifugadora de contaxios. Tampouco blindou Galicia nin lle permitiu á Generalitat pechar Catalunya.

O estado de “alarma” non chegou até a noite do sábado 14-M e baseouse nun Mando Único estatal (pedido polo PP estatal o 13-M). 
Mais o Ministerio de Sanidade estaba falto de medios persoais despois de máis de 25 anos sen desenvolver xestión (1200 empregados vs 500.000 autonómicos) e non tiña experiencia ningunha canto a proveedores e canles de comercialización e loxística. 

Catro días despois o Ministerio permitiu de feito que as CC.AA. e outros operadores seguisen a mercar material de protección individual (EPIS) e respiradores, mais o dano xa estaba feito, porque as canles de fornecemento estaban xa ateigadas de pedimentos internacionais.
Segueu o conto coa desaquelada (e tamén revogada) prohibicón de tests para casos leves e coa entrega directa de máscaras aos concellos e cidadáns, no canto de facelo a medio das CC.AA, que son as que coñecen as necesidades. E agora coa  oposición do Goberno do Estado a que sexan os Gobernos nacionais e autonómicos os que dirixan a fase de volta á normalidade, cando son os que coñecen territorio, poboación, actitudes e costumes sociais.

Pasou o que pasou e non é casualidade, senón que resposta a unha concepción centralista dos problemas, necesidades e solucións, quer na normalidade, quer na emerxencia, que partillan PSOE, PP. Cs e IU-Podemos. 

Partidos que teiman en impór a tradicional radialidade española (reactivada no económico nos últimos vinte anos). Desprezando por periféricas as opinións de científicos moi ben recoñecidos na Europa e máis vencellados á divulgación científica en cadanseus países, como o galego Jorge Mira ou o catalán Oriol Mitjà. A ciencia verdadeira só pode estar en Madrid, segundo os unionistas. 

Centralismo e militarización

Te puede interesar