VIÑOS ARTESÁNS DE SADA FEITOS NA QUINTA DO VAL DE SONHEIRO

As autóctonas cepas do Retinto, a Rorís, o Torneiro, a Carambuñeira e o Negrón. A Raposeira, o Parpal e a Agudela. Con uvas destas vellísimas e casi esquecidas parras, os egrexios e lexendarios tintos do País e os vernáculos brancos lexítimos, son producidos na Quinta Val de Sonheiro, de Sada.
E unha xoia da Nosa Terra, que da nome o viño  das Rías Medias, voltando do pasado para que poidamos seguir disfrutando da categoría do enxebre dos viños medievais, sen que nos fagan dano.
Sí, estades no certo. É aquel líquido anxelical nacido entre as verdes ramadas. Son aqueles viños tintos e brancos que acompañan todas as comileiradas da abundante, variada, real e musicada Cociña Galega.
Especiais para lamprea, para as carnes de porco bravo e Landrá, para o Pica no chán, o cordeiro da Serra, as carnes moañesas e as fanfarretas con temparo floriano, o bacallao, es as caldeiradas de carnes e paixes, o lacón con grelos, a cachola e os espectaculares cocidos, desta nosa milenaria terra.
Os lindes das Rías Medias orixe do Pai Breogán. Rías Artábricas de Betanzos e Sada, de Miño e da Ponte do Porco, de Ares e Pontedeume, do Ferrol a Mugardos, da Coruña e do Burgo.
Terras enxermadas do bó manxar e dos viños enxebres. Tintos medievais con travo natural e brancos lexítimos milenarios, que este arco atlántico nos ofrece cheo de refrescantes sabores, que nos lembran a historia do saber e o esplendor de estas boas nosas e xenerosas Terras Galegas.  
Os galegos descubrimos o viño e gardamos o saber a través dos tempos. Os 3.000 anos de historia que temos os galegos facendo viño, así como as características das lexendarias castes brancas e tintas, e a perfecta armonía entre o grado alcohólico e o grado de acidez das nosas envexadas terras, móstranos o privilexio de sermos únicos nesta actividade, e a través dos tempos tal vez os primeiros e os máis antigos. As raíces do Povo Galego e as tradicións de tantos anos facendo viño, abondan como experiencia para concentrar o saber, para apreciar o que temos e para ensinar a quen queira aprender, a facer ben as cousas.

VIÑOS ARTESÁNS DE SADA FEITOS NA QUINTA DO VAL DE SONHEIRO

Te puede interesar