Xogan dopados

É un feito que a sociedade castiga a dopaxe entre os deportistas e que condena no fondo esta práctica enganosa e tramposa, aínda que non como se merece. Pero non deixa de resultar paradóxico que os que máis pagan esa práctica non son os galardoados con trampa, non son os Froome, Contador, Ben Johnson... son aqueles deportistas que quedaron á porta da clasificación ou mesmo os que quedan cuartos, quintos ... O momento de gloria, a foto, a emoción dos estadios cheos e das entregas de trofeos son disfrutados polos tramposos. De pouco ou nada serve a reparación posterior, nalgún caso só supón ter unha medalla ou trofeo pero en moitos o dano é irreparable, aqueles que quedaron fora da clasificación dun mundial por décimas nunca serán restituídos, é imposible. E o traballo de anos de esforzo e tirado pola borda
Iso pasa dalgún xeito na política, o PP co seu financiamento irregular, esta claro que xogaba dopado, tivo maior e mellor acceso ós mecanismos políticos de chegar á xente. Que pasa con aqueles partidos que fan unha campaña digna co pouco que teñen? pois que non poden competir con unha dopaxe tan forte. 
Postas en escena, materiais, espazos publicitarios ... todo moito máis doado, pero non deixa de ser unha trampa. Por desgraza son moitas as estrelas do deporte ás que se lle demostrou a dopaxe, máis o final o seu nome segue no olimpo dos campións, non é xusto.
En Galicia estase a xogar unha nova sorte de dopaxe político, legal, pero para min aínda moito menos ético.  O seu Doutor-administrador é o mesmo Feijoo. Explícome, é de sobra coñecido pola opinión pública e así o manifestan no PP que nas vindeiras eleccións municipais toda unha lexión de Conselleiros/as van ser os candidatos/as dos Populares en moitas das nosas cidades, e que van chegar a aquela cita nas súas carteiras de xestión dixo Feijoo, de xestión pública claro. Iso non ven máis que a ser un moderno dopaxe, legal, máis non ético. Porque os Conselleiros xestionan o de todos e teñen acceso a mecanismos que o resto de candidatos non van a ter. Xogan dopados eticamente, como o permite o campión Feijoo? pois porque é un tramposo na miña opinión.
Non fagamos coma o COI que sancionou daquela maneira a Rusia, sancionemos o abuso que supón esta práctica do PP, que non ten complexos. Castiguemos o dopaxe e fomentemos a igualdade de condicións a xuztiza do traballo. 
O día das eleccións todos os votos valen o mesmo.  

 

Xogan dopados

Te puede interesar