Estrea mundial da ópera “A raiña Lupa”

Opróximo día 2 de xullo no teatro Colón da Coruña

Opróximo día 2 de xullo no teatro Colón da Coruña terá lugar a estrea mundial da ópera galega “A Raiña Lupa” no que se poderán escoitar, arias, dúos, tríos, cuartetos e coros neste concerto presentación con Libreto de Xoán Pérez e música do compositor e director de orquestra Fernando V. Arias que, como no seu día fixo Richard Wagner inspirouse nos mitos e lendas, neste caso galegas. “Raiña Lupa” aparece no Códice Calistino no que se conta a chegada dos restos do apóstolo Santiago a Iria Flavia e os discípulos pediranlle un lugar para enterralo, pero non saben que ela sofre unha maldición polas noites por expulsar hai tempo a Santiago do seu territorio.
En vinganza, mándaos ir a terras de Régulo, Sacerdote do Sol, que tamén expulsou con anterioridade a Santiago, e o seu pobo foi castigado por Deus. Así transcorre o primeiro acto. No segundo nárrase a viaxe, durante o solsticio de verán, durante o que se produce unha eclipse de sol no que Lupa e Régulo poden liberarse da maldición e xuntarse brevemente na escuridade. Nese momento, Lupa queda embarazada del mentres Régulo manda encerrar aos discípulos de Santiago, pero un raio mandado por Deus, abre a cela e os discípulos escapan cruzando unha ponte sobre un río. Régulo trata de darlles alcance, pero outro raio destrúe a ponte e o perseguidor é levado pola corrente. No terceiro acto os discípulos, de regreso a terras de Lupa, contan o ocorrido e esta ofrécelles un carro e dous bueyes mansos para levar os restos de Santiago, pero é un engano, pois os bueyes non están domados, e para chegar hai que pasar por unha cova en o Monte Ilicino na que vive un dragón. No entanto, os discípulos de Santiago, só con mostrar a cruz, vencen ao dragón e amansan aos bueyes. A interpretación corre a cargo de Teresa Novoa (Lupa),Javier Palacios (Régulo),Diego Neira (Teodoro), Axier Sánchez (Torcuato), Clara Jelihovchi (Briana), Alba Lópes (Eire), María José Ladra (Brenda), Gabriel Alonso (Atanasio), Coral Polifónica Follas Novas e Gabriel López (piano).Os debuxos pertencen a Manuel Rajal. Unha estrea que é todo un acontecemento musical.