PALETOS

Hai uns días, o representante de Podemos en Uruguai, Jorge Castrillón, utilizaba o termo “gallego” de forma peiorativa calificando ao noso pobo como paleto. Tardou pouco en rectificar, logo da gran indignación que as súas declaracións provocaron en toda a comunidade galega no exterior desta terra. Rectificou, ó igual que hai só uns meses fixo tamén o cineasta manchego Pedro Almodovar, logo doutro patinazo similar de bastante mal gusto contra os preferentistas galegos.
Son actitudes illadas, é certo, pero que se repiten no tempo de forma reiterada por parte de diversas personalidades do ámbito público. Rosa Díez, líder de UPyD, tamén utilizu a expresión “gallego” de forma despectiva para criticar a Zapatero, dicindo que o ex presidenta era “muy glallego en el peor sentido de la palabra”.
Unas declaracións incendiarias que provocaron a dimisión da cúpula do seu propio partido en Galicia.  Ou José Montilla, quen fora Presidente da Generalitat de Cataluña, que tamén empregou o termo “gallego” de modo despectivo para criticar a CIU. Os mesmos que pediron de forma insistente a  paralización da construcción do AVE galego, porque lles parecía un despilfarro innecsario. Todas esas expresións, e moitas outras de signo similar, só poden ser calificadas como lamentables, e que amosan ben as claras as limitacións para coñecer a riqueza social e cultural de Galicia por parte de quen as profire. Pode que moita culpa a teña tamén a Real Academia Española, fundada en 1713, e que ata o ano 2013, na vixésimo terceira edición do Diccionario da RAE, non retirou o termo “gallego” como sinónimo de “tonto”. En calquera caso, di o refraneiro popular que non ofende quen quere, senón quen pode, e por iso, o certo é que estas actitudes ofensivas hacia Galicia e ós galegos  non nos ofenden, nin poñen en dúbida a nosa autoestima como pobo. Pero o que si poñen de manifesto son as limitacións de quen as emprega, voluntaria ou involuntariamente, coa intención de ofender, ou sen ela. Eso sí que é paleto.

PALETOS

Te puede interesar