“Que dificíl”

rodúcese un dilema, diante da situación de pandemia, para aqueles que facemos política e que representamos un proxecto de sociedade ideolóxico. Cal é a actuación correcta neste caso? 
Unha decisión difícil que encontra coa moral e a propia acción política que moitas das veces é oportunista Supoño que cada quen terá unha opinión, válida e matizable, pero coido que soamente un camiño é o de recibo: sumar.
Un pequeno inimigo, o COVID-19, nome do que unha xeración non vai esquecer; veu a romper a normalidade da nosa vida e sobre todo da nosa convivencia como pobo e como sociedade. 
Tan implacable nese senso que rematou por cambiar a actualidade tanto  que incluso afecta á celebración das eleccións en Galicia e en Euskadi. Sempre pensei que as eleccións, o propio proceso, iguala as persoas no sentido en que os votos contan todos por igual, imaxinade o alcance das accións cando se anula unha convocatoria electoral, sen precedentes. 
Neste senso a clase política ten que reformular, ou cando menos eu si, como actuar. Pero tamén é certo que eu solo albisco un camiño  válido, o consenso e a disciplina. 
O Decreto do estado de alarma é unha situación anómala de suspensión de moitos dereitos e mecanismos, esa é a súa razón mais era preciso. 
Evidentemente opinable, mais non agora, ao seu momento e por iso paréceme moi importante o anuncio de Sánchez dunha comisión para valorar á acción do goberno neste senso, espero non fique en proposta e sexa realidade, será ese o momento de propoñer e de mellorar e sobre todo de aprender para casos futuros.
Agora tense que parar a máquina política no relativo a esta situación, entendese. Non son moi efectivos os anuncios das forza políticas, dicindo eu faría tal ou cal. Mais que nada porque son accións estériles e que non favorecen o cumprimento colectivo do que se está a demandar.  
Tampouco que o goberno use, ou a lo menos unha parte a situación como altofalante de posicións políticas. 
Si é certo que ten que continuar a misión de fiscalizar aos gobernos, pero fagamos iso cando a situación sexa normal e se poda facer política. 
Sentidiño e unidade ten que ser a liña de acción concreta, porque moita xente o esta a pasar mal e o horizonte futuro dos cambios que chegarán son incertos.

“Que dificíl”

Te puede interesar