Movementos civís como parasito

Fai anos o tecido asociativo era un terreo fértil, proliferaban asociacións de todo tipo e pelaxe, dende as xuvenís as de veciños, dende culturais a deportivas nas cales o principal movemento era mellorar as condicións de vida da xente. 
Era un motor de cambio e de avance da sociedade ben consolidado, con referentes e con capacidade de xerar tendencias. Basta con coller un directorio da Xunta para sorprenderse no teu propio concello da cantidade de entidades que ten Galicia. 
Nunha rápida radiografía da situación salta á vista que moitas non teñen actividade ou teñen unha actividade nula, mais se cruzamos os datos con facenda vemos que moitas teñen fortes ingresos e manexan bastantes fondos. Esta situación de parálise e absorción de fondos prexudica a iniciativas máis novidosas e menos consolidadas. 
Para mostra un botón, comentábanme nun concello “que ten un sistema moi xuto de axudas” de 1.000 euros a todos aquelas asociacións inscritas no rexistro municipal, que un colectivo concreto so facía unha cea ao ano con eses fondos, é isto lóxico? Quen fiscaliza iso? Que xera iso, ademais da ledicia do restaurante de quenda?
Existe na clase política local un certo medo á repercusión e forza dos colectivos que exercían noutras épocas, por iso é mellor este tipo de actuacións que as encamiñadas a promover aqueles que teñen moito dinamismo, é máis doado de xestionar. Pero é iso bo para os nosos pobos e vilas? 
A falla de compromiso asociativo estase notando na xente nova, que cada vez se decanta por movementos máis globais e se preocupa menos polo avance do local, con todo o que iso trae.
Pero esta situación deriva dunha mala praxes política de fai anos, todos os partidos loitaban por facer política dende os colectivos e aínda o seguen a facer, lembro cando en Lugo quen xestionaba e pedía os fondos veciñais eran as asociacións, nalgún caso tiñamos máis asociacións que veciños e os enfrontamentos e denuncias eran moi comúns.
É preciso recuperar esa masa social, esa masa cultural, de mocidade e deportiva, que aínda con moitos fallos facía que os pobos avanzasen e as relacións fosen máis humanas, porque esa masa social e critica organizada e sumando tamén é un corta lumes a extremismos e populismos, non é un tema menor que o primeiro que fixo Abel Caballero foi deixar Vigo sen masa crítica, anulando moitos movementos civís con parasitos, porén iso é moi produtivo para algúns pero moi triste para a sociedade.

Movementos civís como parasito

Te puede interesar