Don Antonio Fraguas

Coñecín a don Antonio na vella Facultade de Letras da USC un día de outono sendo alumno da asignatura que él impartía e a miña primerira impresión, eso que Edward Thorndike chama “efecto halo”, que se cosolidou o longo do curso, foi que tiñamos diante a un profesor que semellaba ser un paisano ilustrado, pero na realidade era un galego exemplar, tan humilde nas suas formas como erudito nos seus saberes. 

A sua humanidade e o seu proceder eran unha lección práctica de bós modales, de respeto e tolerancia a tódalas ideas. Por eso é máis indignante que persoa tan íntegra e bondadosa fora represaliada pola crueldade da dictadura, unha etapa moi dura da súa vida que anos despois recordaba sen rencor. 

Asistir as suas clases era una delicia. Sobre todo cando nos permitía “desviarnos do programa” para preguntarlle sobre aspectos da historia, da antropoloxía ou da etnografía e folclore de Galicia, a asignatura que él levaba na sua cabeza. 

Tiven a satisfacción de que aquela primeira relación profesor-alumno continuara despois durante anos e considérome un privilexiado por ter botado con el longas parrafadas sobre as vellas tradicións e arraigadas costumes do noso pobo; por escoitar os seus relatos sobre as festas e romarías, sobre os maios ou sobre os vellos oficios que xa iban desaparecendo naquela Galicia que valoraba mais o pragmatismo e a utilidade das cousas “de fábrica” que as do mundo artesán. 

Un, que naceu nunha aldea, imaxinaba a don Antonio recreando a Galicia nas vellas lareiras, nas noites da esfolla do maínzo, nos días das mallas ou falando cós campesiños e mariñeiros, canteiros e carreteiros para recoller cantigas, ditos dos vellos ou a súa xerga peculiar. 

Ó seu carón, no salón das súa casa chea de libros –Doctor Teijeiro, primeriro, e Montero Ríos, despois– ou paseando polas rúas de Compostela aprendín a gran lección de amar á Galicia que el describeu –nunha entrevista firmada por Benxamin Vázquez para a Revista Outeiro que eu dirixía– como “unha terra, unha alma, unha cultura, unha onda oceánica que nos leva lonxe, moi lonxe, quizáis ó infinito” 

Pleno acerto o da Academia adicando o Día das Letras a este galego eminente. Aínda que, coñecendo a súa humildade, non estaría moi entusiasmado porque, decía, “eu non fixen ningún milagre como para pregoalo por aí adiante”. 

O milagre, don Antonio, son a sua vida e a súa obra comprometidas con Galicia. Un exemplo para os galegos de hoxe que ogallá saiban recoller as xeracións futuras.

Don Antonio Fraguas

Te puede interesar