Galicia, nai e señora

Velaquí algunhas das máis coñecidas: A fonte da milagrosa Santa Cruz de Aranga, a cova da Serpe, San Andrés de Teixido, o lago de Doniños, a ponte de Gatín, o Santo Graal do Cebreiro, a ponte do Pasatempo, a nosa señora da Barca, Nosa Señora do Corpiño, a lagoa de Antela, As lavandeiras do Sil, Os Boedos de Guitiriz... Fuxidos de sona: Benigno Andrade, Foucellas, na provincia da Coruña; José Castro Veiga, Piloto, en Lugo, o último fuxido; Francisco Martinez Leira, o Pancho, nas terras do Eume; Xosé Domínguez, Mario de Langullo, O Mario, en Ourense; Manuel Álvarez Arias, O Bailarín, en Ourense; Luis Trigo Chao, Gardarríos, natural de San Pantaleón de Cabanas; Manuel González, O Fresco, en Vigo. ¿Bandoleiros ou loitadores pola liberdade? O clima, a flora e a fauna: A choiva, o orballo, a neve, a saraiba, a brétema, a xeada, os neboeiros, o sol no alto do ceo... Castiñeiros, carballos, xardóns, bidueiros, cerdeiras, maciñeiras, nogueiras, xestas, pudias, toxos, uceiras, salgueiros, ameneiros, bieiteiros tamén chamados sabugueiros... 
Lobos, raposos, denociñas, xinetas, lebres, coellos, perdices, lavercas, arceas, reos, troitas, salmóns, anguías, lampreas, robalizas, xurelos, xardas, maragotas... A industria: Os estaleiros, Pescanova, Inditex, Sargadelos, Gadisa, Citroen, Grupo Ence, Reganosa, os portos de Vigo, Ferrol, A Coruña... O deporte e os deportistas: O Deportivo da Coruña, o Celta de Vigo, o Racing de Ferrol, o CD Lugo, Xoán Acuña, Luis Suarez, Fran, David Cal, Gómez Noya... A xente: A de aquí e a de acolá, os homes e as mulleres que tódolos días nacen, viven, choran, cantan, traballan e morren en Galicia. Os mariñeiros de baixura, homes de ferro en barcos de madeira. Os emigrantes espallados polo mundo enteiro. Os labregos cinguidos ao terrón. Os estudantes. Os empresarios e comerciantes. Os xornalistas. Os deportistas. Os profesionais todos. 
Todo isto e moito máis é Galicia señora alcaldesa, concelleiros de Madrid e madrileños todos, moitos miles de anos de historia a conformaron. Esta é a cerna da que estamos feitos, e moi satisfeitos, nós os galegos. É por iso polo que nos doen especialmente os ataques iconoclastas que constitúen un menosprezo aos nosos símbolos máis queridos. Así que máis de dous millóns e medio de galegos e galegas reclamamos, un pouco de sentido común e un moito de respecto.

Galicia, nai e señora

Te puede interesar