Jueves 15.11.2018

Mundo escuro

Esta semana o mundo é algo máis escuro, algo máis pobre e tamén algo máis covarde. Un facho da humanidade apagouse, finou Stephen Hawking e con el morreu unha estrela.

Esta semana o mundo é algo máis escuro, algo máis pobre e tamén algo máis covarde. Un facho da humanidade apagouse, finou Stephen Hawking e con el morreu unha estrela. Finou tamén parte do entendemento do que somos e do que podemos chegar a ser. Que a terra lle sexa leve. 
Mais para min é, un simbolismo do tempo de escuridade que estamos a vivir, levamos moitos fachos do seu estilo apagados, sei que é lei de vida, mais o que xa non é normal é que non se ven recambios para tanta perdida na música, no arte, na literatura, na ciencia, na política o ciclo de xenios estase a esgotar e estamos a perder fulxencia que non se renova. Un mundo onde destacan Trump e Putín non pode ser un mundo de luz.
Cando pase o suficiente tempo para ter perspectiva, imos ver como esta é unha época de escuridade e de mediocridade tamén no campo político e social, cando menos no que a o noso estado se refire. Ollamos como Portugal está acadando fulxencia propia coa xente no centro da acción. Como exemplo fai nada, debaten no Estado veciño, unha cuestión propia da dignidade humana como é a eutanasia, cando en este lado  estamos a debater sobre a cadea perpetua con aforismos, como cambia no conto. 
Seguimos ancorados no rancio bipartidismo, soamente que  hoxe transformado nunha sorte de xogo demoscopico, que se artella igual en dous bloques e funciona a golpe de enquisa.  Sen posicións ideolóxicas, por banda e banda, de catro actores no canto de dous. O dito, escuridade xunto con mediocridade e liderados moi frouxos covardes e antigos na praxes.
Cando un estado depende das maquinacións dos equipos de fontaneiros dos partidos, non avanza, é a propia natureza do sector, compre conservar o Status Quo non vaia ser que se perdan os posibles das maquinarias partidistas. Unha banda de conservadores, da igual PSOE, Podemos, C’s e PP. Segue sendo un problema ter un deseño político que reforza ós partidos e non ás persoas herdado do 78.
O bo disto é que temos opción de ir cambiando, nas urnas, imporante ter presente que ese día sí somos todos iguais. Quizais chegue un momento en que a tecla sexa a correcta e podamos brillar como o fai hoxe Portugal. Temos que inspirar o camiño en xente como Hawking, loitador e xenio.

Mundo escuro
Comentarios