Campaña aburrida

Alista de candidatos do Partido Popular galego ás eleccións xerais parece que é una relación de xubilados que van para Madrid nunha viaxe do Imserso, mentres que a das Mareas semella máis ben un premio de catapulta ás tertulias televisivas e as do BNG nin sequera causan favor ou contras, nin se sabe nin se contesta. 
A ver con que sorprenden os socialistas, despois do suspense que anunciou José Ramón Gómez Besteiro, que ten máis dunha fronte aberta no seu partido, desde Lugo a Vigo. 
O máis tranquilo é Manuel Baltar que vive e reina no remanso de Ourense, afastado dos problemas porque a súa provincia sempre cumpre. Con este panorama electoral, non é de estrañar que a campaña sexa do máis aburrida e nin sequera haberá golpes baixos, como noutras ocasións, porque o resultado está máis que cantado. En todo caso Galicia será a única comunidade que lance a un partido minoritario á fama dos escenarios das televisións. Xa se verá.

Campaña aburrida

Te puede interesar