domingo 9/8/20

A trampa

Hai persoas que xogan con cartas marcadas. Como os vellos tahúres dos filmes do Oeste americano. Persoas que  pretenden sacar vantaxe dunha situación que tan só eles controlan.

Hai persoas que xogan con cartas marcadas. Como os vellos tahúres dos filmes do Oeste americano. Persoas que  pretenden sacar vantaxe dunha situación que tan só eles controlan. O caso do famoso casino Eurovegas a instalar en Madrid, está rozando xa a extorsión moral a unha sociedade necesitada de emprego,  e disposta a tragar co que sexa, para recuperar a súa dignidade de poder gañar o seu propio pan de cada día, traballando.
Algunhas cousas poden ser legais, pero tamén fondamente inmorais ao mesmo tempo. E algunhas empresas e inversores poden incluso pensar que, acostumados a sempre impoñer as súas regras, é algo nomal facer o que fan. E esixir ao poder político que lles cambien as leis de todos para eles sós, e que lles garantan que nunca serán modificadas ditas leis, e se lles aplique un trato fiscal diferente, entra de cheo na explotación salvaxe dunha situación de privilexio, dunha posición de forza do que impón unha ética torticeira buscando o seu propio beneficio, non outra cousa.
E a ministra Báñez, o Goberno, empeza a lanzar mensaxes ambivalentes, que tanto serven para un roto como para un descosido, aludindo a súa responsabilidade, e ás cifras do paro como escudo para todo. Outros empezan a declinar verbos que soan xa a desculpa da obrigación xeral que as leis conlevan. Hai tempos que teñen a condición de escuros para millóns de cidadáns, e personaxes que locen patentes de corso que lles permiten actuar como se todo fora terra conquistada. Hai situacións nas que se xuntan a fame coas gañas de comer. Semella que eleximos… pero non é certo.

Comentarios