As luces de agosto

Brasil recibe aos deportistas que competirán nos Xogos Olímpicos. O mundo quedou impactado, e descubriu con absoluto asombro, o deficiente estado das instalacións. A sensación de provisionalidade, de inacabado, e a cantidade de fallos denunciados polas delegacións no funcionamento das infraestruturas, encabezan os programas de noticias de todo o mundo. Tamén, os torpes chistes do responsábel de que o operativo funcione, falando de traer un canguro para tranquilizar aos Australianos.
Está Brasil en condicións de acoller unha celebración desta magnitude? Pode garantir a eficacia, e a precisión que un xogos deste tipo precisa? Incluso a seguridade? A situación económica do país, así como a tormenta política e a corrupción, que ten en vilo á unha sociedade castigada por moitas dificultades, non augura nada bo. En Europa, os test de esforzo á Banca, deixan en evidencia o que xa hai anos que se ven dicindo, que Italia é un foco de inestabilidade e problemas económicos.
O novo talón de Aquiles desta UE que ten que empezar a revisar algúns dos seus criterios de estrutura e funcionamento. De novo o Sur. Non quero deixar pasar ese comentario do Papa Francisco ao visitar Auschwitz: Señor, Perdóalles por tanta Crueldade. Pasarán centos de anos pero a sensación de loucura, de intolerábel crueldade innecesaria e inhumana, non desaparecerán nunca. Hoxe, a dor está nos datos da EPA do segundo trimestre, que indica que 1.493.000 familias teñen a todos os seus membros en paro. É un 7,3% menos, pero segue a ser un drama excesivo para demasiada xente. 30.000 familias na provincia de Pontevedra. Empeza Agosto, as merecidas vacacións,pero semella que nada cambia, que tristemente, todo o negativo permanece.

As luces de agosto

Te puede interesar