Dos impactos brutais

Atopar palabras para definir o impacto terríbel, que causa unha acción sen sentido, como a sucedida en Niza, é realmente difícil. Sucumbir ao insulto, ao desprezo, a palabras grosas que sirvan de válvula de escape para amosar indignación, desprezo e asombro,  está máis en concordancia co abraio causado polo brutal atentado terrorista. 
A sociedade queda ferida, e non só a francesa. Se falamos, fai ben pouco, da vulnerabilidade, hoxe tamén habería que referirse á sensación de ser coma cometas, nun vento que sopra dende non se sabe ben onde. Ou marionetas que se moven polos fíos que algúns manexan na sombra. Estar en mans do destino, das circunstancias, das forzas da natureza en su grao estremo,é unha cousa. O inevitábel, asoma inesperadamente ás veces. Pero ser o obxectivo de mentes enfermas que confunden os métodos, evitan o Diálogo e a Política para conseguir os seus fins, e buscan sinxelamente impor o pánico e a desconfianza de maneira sistemática e permanente, é un destino que non merece ningunha sociedade e ningún país. Traxedias como a de onte, enche de odio a moitos e da ás a outros, a algunhas minorías, para intentar xustificar que na loita aberta todo vale. Os impactos indiscriminados son brutais. Se atendemos ao número de mortos e feridos, entendemos a intensidade da ferida causada. Pero se coñecemos a realidade individual de cada vítima, o seu nome e a súas circunstancias, a dor medra en proporción xeométrica. Eran seres humanos con realidades vitais diferentes, con soños por cumprir...
Nunca os deuses xustificaron matanzas. Sempre é inxusto matar, e máis escusándose  en supostos designios divinos. As relixións serán sempre portos de Paz, Perdón e Esperanza. 

Dos impactos brutais

Te puede interesar